
Xa queda menos para o Resurrection Fest 2023., e iso que estamos aínda en novembro. Pero o equipo do festival xa nos adianta unhas cantas novidades de cara ao vindeiro ano:
- Zonas de descanso: contaremos con novos espazos e novas localizacións onde poder acampar con tenda de campaña ou con autocaravanas/furgonetas, con notables melloras nos seus servizos e un programa de actividades paralelas que farán máis agradable a súa estancia.
- Autobuses: podes contar cunha rede de autobuses mellorada para o teu transporte entre o festival e todas as zonas de descanso e cunha maior frecuencia para non perderte ningún concerto.
- Unha vez dentro do festival, poderedes gozar do noso local habitual pero será o máis grande que tivemos, onde ademais da programación musical, teremos outro tipo de programación e actividades máis paralelas que nunca. Será o ano no que máis cambios verás na nosa casa.
- Non só aumentará de espazo, tamén haberá vellos coñecidos, como o mercado que volverá, e unha zona de mercadoría mellorada e ampla.
- Por último, e aproveitando estes cambios, habilitaranse zonas para que tomes un respiro entre concertos, a zona de restauración terá maior variedade e cantidade, e todo o recinto será máis temático que nunca.
Nas vindeiras semanas irémosvos informando destas e outras novidades nas que o Resu leva moito tempo traballando.
Vémonos no 2023. Vémonos no Resurrection Fest Estrella Galicia.
Stay Pelletier


