BENVIDOS A FAMILIA PELLETIER.
A Familia Pelletier xurdiu fai uns cantos anos, cando un grupo de rapaces de Parga e Guitiriz empezaron a viaxar ao Hellfest, en Clissôn (France). Pero foi no ano 2012 cando dous mariñáns tiveron a sorte de acampar con estes amigos chairegos na edición dese mesmo ano da Hellfesta. A partir de alí forxouse unha boa amizade entre todos e, dende ese ano, o Hellfest é data obligatoria no noso calendario festivaleiro. A Familia Pelletier foi medrando pouco a pouco e cada ano somos máis os que nos apuntamos a ruta en busca do Santo Pichet (Pichet: xarra de litro e medio de cervexa do Hellfest).
Pelletier Horror é o froito da nosa amizade, é coma se fora un fillo da nosa gran familia. Pelletier Horror é o fiel reflexo desa relación e deses anos compartidos entre música, alcohol e festas varias. Nesta páxina queremos ofrecer as nosas opinións, críticas, ,inquedanzas e locuras (por qué non?); principalmente da música que nos gusta; así como diversos temas relacionados ou non con este mundo.
Queremos darche a nosa gran benvida a esta familia. Agardamos que goces, rías, critiques, opines; en definitiva, que sintas a hora de ler esta web. E… quen sabe?. Igual podes ser tí o próximo Pelletier que nos acompañe ao Hellfest ou a outro festival ou concerto…
A Familia Pelletier brinda por elo. De novo, benvido.
Stay Pelletier