
A 12ª edición do SonicBlast Fest xa ten datas para regresar á Praia da Duna dos Caldeirões en Âncora. Do 8 ao 10 de agosto o festival regresa ao Miño e os abonos xerais están xa dispoñibles a partir de hoxe.
Tralo éxito da edición de 2023, que contou con preto de 15 mil persoas no recinto, Garboyl Lives -promotor e organizador do festival- xa está pensando na próxima edición do evento que xa se converteu nun dos principais festivais de stoner, doom e rock psicodélico a nivel europeo.
Os pases xerais xa están dispoñibles por 75 euros, un prezo reduciso que estará dispoñible ata o 23 de outubro. Do 24 de outubro ao 31 de maio de 2024, o pase xeral elevarasse a 90€ e 100€ a partir do 1 de xuño de 2024.
Os primeiros nomes confirmados para a edición do 2024 serán anunciados moi pronto pola organización.
A 11a edición encabezaba nomes como Thurston Moore Group, OFF!, Elder, Kadavar, The Black Angels, entre outras moitas bandas. O público, ademais de contar con xente de todo Portugal (de norte a sur e illas), tamén foi “fogar” de moitos estranxeiros con forte presenza galega, española e francesa, pero chegaba xente de todas partes: dende EEUU a Australia.
Moi pronto teremos máis información deste gran festival.
Stay Pelletier



