
O Hellfest Open Air Festival confirmou que o anuncio oficial do cartel de 2026 terá lugar o luns 10 de novembro ás 19:00 (GMT+1). O evento contará cunha retransmisión en directo a partir das 18:30 en YouTube e Twitch (@hellfestopenair), presentada por Jamie Ryan (The Doom Dad) xunto co equipo do festival.
Ademais, celebrarase unha festa de presentación en Hellcity, con sesión de DJ, actividades e a posibilidade de gañar un abono de catro días.
O Hellfest promete unha vez máis reunir en Clisson o vindeiro verán á elite do metal e do rock a nivel mundial.


