
O Hellfest 2026 fixo público o seu potente cartel: un total de 183 bandas subirán aos escenarios de Clisson entre o 18 e o 21 de xuño, nunha edición que promete ficar para a historia. Entre elas, 85 grupos debutarán no festival, reforzando así a aposta pola renovación e pola diversidade dentro do universo das músicas máis extremas.
Iron Maiden será o máximo cabeza de cartel, ainda que destacan tamén nos primeiros nomes: Bring Me The Horizon, The Offspring e Limp Bizkit.
O Hellfest 2026 combinará lendas e novas promesas con grupos como: Deep Purple, Alice Cooper, Bad Omens, Blood Incantation, A Perfect Circle, Breaking Benjamin, Megadeth, Sepultura, Ultra Vomit, Igorrr, Down, Social Distorsion, Deicide, Behemoth, Napalm Death, Mastodon, The Gathering, Acid Bath, The Dillinger Escape Plan entre moitísimas bandas máis.
Xa nos tarda que chegue a tan ansiada data. Vémonos no Hellfest!
Stay Pelletier!


