
Diamond Dogs é unha desas bandas que desbordan elegancia por onde queira que van. Cada vez que se suben aos escenarios, non deixan a ninguén indiferente. Os suecos continúan defendendo as raíces do rock and roll coa mesma forza, actitude e convicción que nos seus comezos. Xa pasaron máis de tres décadas, cando a banda fundouse no corazón de Suecia. A lexendaria formación nórdica, capitaneada pola inconfundible voz de Sören “Sulo” Karlsson e os teclados de Henrik “The Duke of Honk” Widen, regresa aos escenarios cunha nova e agardada xira española que fará parada na sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 18 de setembro.
O que arrancou en 1992 na pequena localidade de Katrineholm converteuse, co paso do tempo, nunha das traxectorias máis sólidas, incombustibles e respectadas do panorama roqueiro europeo. A proposta musical do grupo bebe directamente do rhythm and blues británico máis xenuíno dos anos setenta, do glam rock, do boogie e dese clásico espírito de garito nocturno onde as cancións se mesturan entre fume, historias e trufadas de alcohol; coa influencia atemporal de referentes como The Faces, Mott the Hoople ou The Rolling Stones, Diamond Dogs son hoxe un valor seguro sobre as táboas: oficio, enerxía e autenticidade sen filtros.
Nesta nova etapa, a banda chega no seu mellor momento mentres ultima os últimos detalles do seu vindeiro traballo de estudio, titulado «Similar Shakes, Different Distortion». Este novo álbum recolle o testemuño do seu recente e aclamado homenaxe á figura de Little Richard —un proxecto moi especial no que contaron coa colaboración do mítico guitarrista británico Chris Spedding e cuxo directo xa fixo vibrar ao público no Azkena Rock Festival—.
O concerto na Sala Capitol ofrecerá un percorrido completo por este repertorio especial, os seus clásicos de sempre e ademais adiantará novos temas, garantindo unha noite inesquecible para os amantes do rock tradicional e sen artificios.
Información do evento:
- Data: Venres, 18 de setembro de 2026
- Horario: 21:30 h
- Lugar: Sala Capitol (Santiago de Compostela)
- Entradas: https://salacapitol.entradas.plus/entradas/es/diamonddogs-capitol areixa.tenda ma_tri_os_ka



