O terceiro día do Hellfest 2025 ergueuse con esa mestura de resaca e esgotamento, que só coñece quen leva dous días mergullado no po, no ruído, no tumulto e na felicidade compartida. O corpo xa non respondía igual, pero a cabeza seguía pedindo guerra. E o cartel deste sábado variado, histórico e por momentos absolutamente esmagador, parecía feito a medida para poñer a proba tanto a resistencia física como a emocional.
Apoarente o segundo día do Hellfest 2025 (venres 20 de xuño) era o máis frouxo dos catro. A proposta dos Mainstage con bandas como Muse, Epica ou Within Temptation, non nos atraía demasiado. e todo indicaba a que non íamos a pisar o Mainstage en toda a xornada. Pero no Hellfest as cousas son impredecibles, sobretodo cando a festa do día anterior remata ata longas horas da madrugada e tes que voltar a Nantes a “durmir”. Estas circunstancias fixeron que entráramos no recinto máis tarde do que esperábamos.
Baixo un sol abrasador e cun recinto que xa amosaba sinais de desgaste físico pero non emocional, a consigna que sobrevoaba Clisson era clara: vive o momento e disfruta ao máximo. e iso foi o que fixemos este grupo de Pelletiers, deixar as resacas a parte, e poñernos man a obra nunha xornada, que nos sorprendería para ben.
Un dos primeiros golpes de realidade chegounos da man de Dopethrone. Os canadienses nunha actuación abafante, e case asfixiante converteron o seu concerto nun muro de son lento e esmagador. O seu sludge, sucio e sen concesións, comparte co punk a súa esencia máis nihilista e confrontativa. Sen apenas interacción co público, deixaron que a súa música falase por eles mesmos: riffs pesados, repetitivos, e unha sensación constante de colapso inminente. Foi unha experiencia máis física que emocional, un recordatorio de que a incomodidade tamén forma parte do espectáculo, sobretodo pola calor sofocante que soportábamos no Valley.
Como dixen, todo parecía a que non íamos visitar os Mainstages, pero un servidor tiña unha deuda cun grupo clásico que non se podía perder. The Cult tocaban e non me podería perdoarme perderme o concerto dos británicos
A actuación de The Cult no Hellfest 2025 foi unha mostra de elegancia e solidez, cunha posta en escena sobria pero efectiva, a banda británica apostou pola forza das súas cancións, demostrando que non precisa artificios, nin grandes parafernalias para conectar co público.
Dende o inicio, o son destacou pola súa claridade e equilibrio, cunha base rítmica firme e guitarras envolventes. Un dos momentos máis celebrados chegou con “Fire Woman”, que acendeu definitivamente á audiencia, combinando esa melodía propia do grupo con eses aires de misterio que funcionan á perfección. Máis adiante, “She Sells Sanctuary” converteuse nun auténtico punto álxido: recoñecible dende o primeiro acorde, foi coreada por boa parte do público, creando unha atmosfera de comunión entre milleiros de asistententes.
Ian Astbury mantivo unha presenza escénica carismática, mentres Billy Duffy construía paisaxes sonoras cheas de matices. A banda moveuse con comodidade entre a contundencia e a melodía, ofrecendo un concerto fluído e coherente.
Nun Hellfest onde moitas propostas apostan polo impacto inmediato, con grandes produccións audiovisuais; The Cult destacaron pola súa capacidade para crear intensidade dende a contención. O seu directo foi menos explosivo, pero máis profundo, demostrando que o rock tamén pode emocionar sen necesidade de excesos.
Despois do vivido cos británicos, e tras “hidratarnos” repetidas veces coa nosa loira particular (“A Girl Called Cerveza”), buscaríamos o relevo emocional co thrash dos teutones Tankard, que ofreceron un concerto radicalmente distinto.
Os alemáns apostaron pola celebración. O seu thrash, rápido e festivo, converteu o público nunha masa en movemento constante. Cervexas no aire, sorrisos cómplices e circle pits espontáneos definiron unha actuación que, sen buscar profundidade, logrou algo igual de importante: conexión inmediata. Tankard demostraron que o espírito thrash aseméllase ao punk tamén, xa que vive na diversión despreocupada e na ruptura momentánea das normas. Temazos como o nomeado “A Girl Called Cerveza”, “Die With a Beer in Your Hand” ou “(Empty) Tankard”, foron dos máis aclamados polo público thrasher, que non parou de poguear nin un intre.
A calor sofocante non nos deixou que nos perdéramos a un dos nosos Pelletiers de Honra, o mesmísimo Bobby Liebling e os seus Pentagram.
Cando Bobby Liebling entrou en escena, o tempo pareceu dobrarse sobre si mesmo. Delgado, espectral, cos ollos afundidos nunha intensidade difícil de describir, máis que liderar a banda parecía invocar algo antigo. Algo que non debería estar alí. Cada xesto seu era imprevisible, como se o corpo fose só un recipiente fráxil para unha enerxía moito máis escura.
O son de Pentagram caeu sobre o público como unha lousa. Riffs lentos, pesados, repetitivos ata o trance, creando unha atmosfera densa, case irrespirable. Non había escape: cada nota afundía un pouco máis, cada silencio pesaba coma unha advertencia. Non era un concerto para gozar, senón para resistir.
Liebling movíase polo escenario como unha figura saída dun pesadelo febril, sorrindo en momentos inadecuados, fixando a mirada en puntos invisibles. A súa voz, fráxil pero penetrante, atravesaba a néboa sonora coma un lamento chegado doutro tempo. Non había conexión tradicional co público; o que había era outra cousa, máis incómoda: unha especie de fascinación compartida, case enfermiza.
Houbo instantes nos que o concerto parecía a piques de romperse, de desmoronarse baixo o seu propio peso. Pero nunca o fixo. Esa tensión constante, ese equilibrio precario, foi precisamente o que o fixo inesquecible.
Cando todo rematou, non houbo explosión nin catarse. Só unha sensación estraña, como espertar dun soño pesado. A xente marchaba en silencio, coma se algo quedase atrás… ou quizais dentro.
Chegaba a hora de The Damned no Hellfest 2025, foi unha desas leccións que só poden dar as bandas que levan case medio século desafiando o tempo. No escenario Warzone, onde o punk respira máis libre ca en ningún outro recuncho do festival, apareceron como o que son: superviventes, pioneiros e, sobre todo, aínda perigosamente vivos.
Dende o primeiro acorde de “Love Song”, o concerto foi un recordatorio de que a enerxía non sempre depende da idade, senón da actitude. Capitaneados por Dave Vanian, cunha presenza escénica elegante e case vampírica, The Damned combinaron o seu son clásico con unha frescura sorprendente. Non soaban como unha banda nostálxica: soaban como unha banda necesaria.
O set moveuse entre a velocidade do punk orixinal e momentos máis melódicos, mantendo sempre esa identidade irreverente que os fixo únicos dende finais dos setenta. Cada tema caía directo, sen rodeos, como pequenas explosións de historia viva. Temas como o clásico de Barry Ryan, “Eloise” (en España máis coñecida pola versión do gran Tino Casal), ou “Fan Club”, ou “New Rose” , que aparecía no disco de versións que fixo Guns ´n Roses, “Spaguetti Incident”, foron dos máis aclamados e coreados polo respetable. Este que era unha mestura de veteranos e de novas xeracións, respondeu cunha entrega total: algún que outro pogo, moitos coros e unha sensación constante de comunidade banda-público.
Houbo algo especial na súa actuación, algo que ía máis alá do musical. Era a sensación de estar diante dunha banda que non só sobreviviu ao paso do tempo, senón que o dobregou á súa vontade. Nun festival cheo de producións xigantes e sons extremos, The Damned apostaron polo esencial: punk rock clásico con actitude e verdade.
Do Warzone ao Valley (e “tiro” por que me toca). A actuación de Hermano no Hellfest 2025 era moi esperada por todolos fans dos sons máis desérticos. Boa parte da culpa tena John Garcia. Non é un frontman de grandes poses nin discursos, pero cando comeza a cantar todo encaixa. A súa voz segue tendo ese punto áspero e cálido ao mesmo tempo, moi recoñecible, e sabe como levala sen forzar. Hai algo nel que transmite calma, a verdade e que non ten nada que demostrar a estas alturas, o ex-vocalista de Kyuss.
O set foi fluíndo con naturalidade, sen picos nin artificios. “My Boy” entrou suave pero firme, desas que van medrando pouco a pouco, e “The Bottle” acabou por meter á xente no peto. Non foi un concerto de explosións, senón de deixar que os temas respiren e vaian facendo o seu camiño. Non sei se era a música ou o “punto” no que estábamos todos, pero había unha especie de equilibrio perfecto entre lucidez e deixarse levar. E cando chegou “Manager’s Special”, xa non quedaba moito que pensar: só estar alí, deixarse ir e gozar dese momento sen máis.
Non foi o concerto máis intenso do día, nin falta que lle fixo. Foi deses que se meten por dentro sen avisar. E mentres marchaba, coa cabeza algo máis solta e o sorriso medio posto, tiven claro que ás veces o mellor do Hellfest pasa xusto cando baixas un pouco o ritmo e te deixas levar.
Para finalizar a xornada, a reinterpretación do legado de Sex Pistols da man de Frank Carter foi, sen dúbida, un dos momentos máis intensos e simbólicos do segundo día do Hellfest 2025. Non era só un concerto: era unha declaración de intencións.
Dende o primeiro momento, Frank Carter deixou claro que non ía limitarse a homenaxear, senón a apropiarse do espírito do punk. A súa actitude foi incendiaria, directa e absolutamente entregada: baixando ao público, provocando, berrando e convertendo cada segundo nun acto de conexión real. Non había distancia entre escenario e audiencia; todo era un mesmo corpo en tensión.
O repertorio funcionou como unha sucesión de himnos xeracionais. “Anarchy in the U.K.” desatou o caos controlado, cun público entregado ao pogo e aos berros colectivos. “God Save the Queen” converteuse nun momento case ritual, coreado con rabia e ironía. E con “Pretty Vacant”, a comunión foi total, demostrando que estas cancións seguen vivas décadas despois.
Pero máis alá das cancións, o que marcou a diferenza foi a presenza de Carter: carismático, imprevisible e auténtico. Non intentou imitar, senón reinterpretar, levando o espírito dos Sex Pistols ao presente con unha intensidade brutal.
Como peche do segundo día, o concerto deixou unha conclusión clara: no Hellfest 2025, o punk non foi só memoria, senón presente. E mentres existan artistas capaces de vivilo así, seguirá sendo necesario. God save the punk.
Despois de miles de kilómetros as nosas costas durante estes últimos quince anos para ir ao Hellfest; horas e horas de viaxe en coche, e incluso en barco. Este ano os Pelletiers decidimos ir en avión a Nantes dende Porto. Penso que dende Galiza é a mellor maneira de viaxar ao Hellfest, pese a que non podes levar Licor Café na maleta.
Xa na cidade de Nantes respirábase un certo aire metaleiro, vendo a bastante xente lucindo as súas camisolas dos seus grupos favoritos. Tras facer as nosas xestións particulares, check-in do piso, comprar birras coma se fose para unha voda, e poñernos nosos mellores atuendos metaleiros, puxémonoss rumbo a estación de tren de Nantes, para pillar o tren directo a Clisson.
Nova sacada de chorra do noso festival favorito. En apenas 2 horas o Hellfest colgou o cartel de “Non hai Billetes”.
O mellor festival de Europa esgotou todos os abonos de 4 días para a súa vindeira edición, que terá lugar do 18 ao 21 de xuño de 2026 en Clisson, Francia, baixo o lema «Tales from the Pit».
Dende a organización quixeron agradecer a resposta do público cunha mensaxe clara e directa: “Thank you Hellbangers!”, deixando patente o enorme apoio da súa comunidade.
Os Hellbangers xa poden ir preparándose, porque comeza a conta atrás. Este martes 8 de xullo ás 13:00 horas abrirase a venda dos abonos de 4 días para o Hellfest 2026, que estarán dispoñibles unicamente a través da páxina oficial tickets www.hellfest.fr.
Co obxectivo de frear a reventa e evitar o mercado negro, a organización introduciu un novo sistema de distribución das entradas. Nesta ocasión, o billete non se enviará automaticamente por correo electrónico tras facer a compra. No seu lugar, as persoas compradoras recibirán unha confirmación do pedido e deberán acceder máis adiante á súa conta no portal oficial para descargar a entrada.
A descarga estará habilitada aproximadamente un mes antes da celebración do festival, dentro da sección “Xestión do pedido”, garantindo así un maior control sobre a distribución dos abonos.
Ademais, calquera cambio na reserva ou a posible revenda do abono deberá facerse obrigatoriamente a través dese mesmo apartado, centralizando toda a xestión nun único espazo para reducir riscos de fraude ou estafas.
Se queres coñecer con máis detalle como funcionará o proceso de venda e as condicións, podes consultar toda a información na web oficial hellfest.fr
Todo apunta a que a edición de 2026 será unha das máis agardadas na historia do festival, xerando xa unha enorme expectación entre o público.
A 13ª edición do Sonic Blast Fest regresa á Praia da Duna dos Caldeirões, en Âncora, do 7 ao 9 de agosto e agora presenta o seu cartel completo, incluíndo o desglose diario.
Xa é posible ver o cartel de Sonic Blast como unha entidade completa. Por outra banda, se a suma das súas partes xa estaba definida con este último anuncio, as partes individuais da suma tamén están agora esbozadas, coa publicación do desglose diario, polo que aqueles que planeen mercar entradas diarias (dispoñibles agora) poden escoller ao seu gusto con toda a información. Así que imos cos nomes, e xa demos unha gran benvida a Witchcraft (a cabeza de cartel que faltaba!), pero tamén a Heavy Trip, MAQUINA., Inhuman Nature, Sunflowers, Nagasaki Sunrise, B∅W e Capela Mortuária. O quecemento habitual, que terá lugar o día 6, tamén ten todas as reservas. A maior sorpresa será o concerto extra que Castle Rat encabezará este festival, sumándose ao concerto xa previsto para o día 9! O quecemento completarase co intenso crossover/thrash da banda británica Nerve Agent, o punk rock dos skaters Overcrooks e unha sesión de DJ dos nosos irmáns The Heavy Brothers para comezar o “día 0”: vai ser un gran comezo!
Sonic Blast continúa a desvelar o seu cartel e aínda ten varias sorpresas na manga. Agora é o momento de engadir a esta marabillosa chea de nomes o da banda bielorrusa Molchat Doma, unha das bandas de post-punk máis celebradas e innovadoras dos últimos anos.
Con gran emoción anunciamos a presenza de Molchat Doma no Sonic Blast Fest 2025. Procedentes de Belarús, aínda que establecidos en Los Ángeles nos últimos anos, impulsados naturalmente polo seu éxito global, abraiaron a varios públicos coa súa singular visión da música. Nos catro álbums lanzados desde a súa formación en 2017, Egor Shkutko, Roman Komogortsev e Pavel Kozlov emanan unha mestura de post-punk e synthpop. Combinan unha melancolía escura, pero nunca adusta, cunha contaxiosa capacidade de facer bailar a todos, nunha especie de festa apocalíptica que se estendeu por todos os lugares onde actuaron, incluído Portugal.
Molchat Doma é unha representación perfecta da arquitectura brutalista que lles gusta mostrar nas portadas dos seus álbums, tan típica da súa rexión de orixe: aparentemente fría e inhumana, pero capaz de evocar sentimentos de sorprendente profundidade. Tal é a universalidade do atractivo emocional desta mestura de estilos e vibracións na música do trío, que actualmente está a alcanzar cifras estratosféricas, da orde de decenas de millóns de reproducións ao mes. Se a isto lle sumas o feito de que cando visites Sonic Blast xa levarás o último álbum “Белая Полоса” (“Belaya Polosa”), lanzado polos recoñecidos Sacred Bones hai uns meses, e cuxo primeiro sinxelo, “Coh” (“Fillo”), en particular, apoderouse dos hábitos de escoita dos fans de forma abrumadora naquel momento, e estarás a gozar dun dos concertos máis esperados da próxima edición do festival.
Molchat Doma únese así a artistas previamente anunciados como Fu Manchu, Amenra, Circle Jerks, Emma Ruth Rundle, Earthless e King Woman, entre moitos outros, o que eleva o total a 28 bandas anunciadas.
Sonic Blast terá lugar os días 7, 8 e 9 de agosto de 2025 na Praia da Duna dos Caldeirões, Âncora, e o quecemento habitual terá lugar o día 6. Catro días de praia, campo, río, bosque de piñeiros e riffs… moitos, moitos riffs!
A 13ª edición do Sonic Blast Fest regresa á Praia da Duna dos Caldeirões, en Âncora, do 7 ao 9 de agosto e agora confirma 13 nomes máis para o cartel de 2025.
13 é o número máxico! Na 13ª edición do festival, este é tamén o número de novos artistas confirmados para a gran reunión de heavy metal e psicodelia que volverá en agosto, na xa lendaria Praia da Duna dos Caldeirões.
Para obter unha visión xeral completa dos recén chegados que se unirán aos nomes fortes xa anunciados como Circle Jerks, Earthless, Fu Manchu, Amenra e Emma Ruth Rundle, aquí tes a lista completa: King Woman, Monolord, Chalk, Ditz, King Buffalo, Messa, Castle Rat, Dead Ghosts, The Atomic Bitchwax, Witchthroat Serpent, Vinnum Sabbathi, Tō Yō e Daily Thompson.
King Woman, liderada por Kristina Esfandiari, é realmente un dos pratos fortes deste novo anuncio do Sonic Blast Fest, unha banda que se move entre o post-rock, o grunge e o doom metal, cun lirismo enigmático e opresivo. Coa súa presenza vocal cativadora e inconfundible, Kristina e os seus compañeiros prometen traer á nosa praia Duna dos Caldeirões algunhas das cancións máis pesadas e emotivas desta edición de Sonic Blast. Traen consigo os aclamados álbums Celestial Blues (2021) e Created in the Image of Suffering (2017).
Monolord é outro dos nomes que xerarán máis expectación con este novo conxunto de confirmacións. A banda sueca tamén promete darlle moito peso a Âncora, coa súa poderosa fusión de riffs pesados e escuros e melodías fascinantes. Tras gañar recoñecemento polas súas impresionantes actuacións en directo e álbums aclamados pola crítica como Empress Rising (2014), Rust (2017) e No Comfort (2019), sen esquecer o seu máis recente, Your Time to Shine (2023), que aínda nos resoa nos oídos, Monolord continúa a empurrar os límites e expandir os horizontes do doom metal. Con cada lanzamento, o power trío nórdico consolida a súa posición como unha forza líder no xénero. Thomas Jager, Esben Willems (que recentemente tamén se aventurou cun álbum en solitario, Glowing Darkness (2024)) e Mika Häkki farán tremer as dunas da praia co impacto da súa actuación.
Chalk, pola súa banda, é un trío de músicos e cineastas irlandeses (xa gañadores do Oscar, por certo, por An Irish Goodbye): Ross Cullen, Benedict Goddard e Luke Niblock. Prepáranse para poñer en marcha Sonic Blast, representando unha nova onda de dance punk que está a arrasar nas Illas Británicas e máis alá. Traen consigo unha triloxía de EPs dos que se falou na prensa internacional máis reputada, en publicacións como Rolling Stone e DIY Magazine.
En xeral, este anuncio ilustra claramente o compromiso continuo coa diversidade musical, cada vez máis un selo distintivo do Sonic Blast Fest: dende o rock caótico da banda inglesa Ditz ata a densa psicodelia de King Buffalo, pasando pola singular aproximación ao sinistro pero vibrante doom de Messa, ou o delicioso exceso de doom metal ao estilo Sabbath directamente dunha sesión de D&D de Castle Rat. Sen esquecer o culto absoluto de Witchtroat Serpent, practicantes dun doom oblicuo, mergullado no misticismo. Hai realmente “un pouco de todo”, como din, e todo deixará a súa pegada nas nosas costas. O garage rock e o surf punk de Dead Ghosts tamén che farán mover a area con algúns movementos de baile bruscos, mentres que o coñecido stoner rock de The Atomic Bitchwax, tocando as raíces do festival, fará que todos se sintan como na casa, do mesmo xeito que as vibracións do deserto de Daily Thompson. Para os que gocen de momentos abraiantes, aínda hai moita psicodelia, dende a acidez nostálxica da banda xaponesa Tō Yō ata as distorsións lisérxicas da banda mexicana Vinnum Sabbathi.
Estas novas incorporacións únense ás xa anunciadas Fu Manchu, Amenra, Circle Jerks, Earthless, Emma Ruth Rundle, My Sleeping Karma, Dopethrone, Slomosa, Jjuujjuu, Patriarchy, Gnome, Same Area, Daevar e Spoon Benders, elevando o total do festival a 27 artistas.
Garboyl Lives, o promotor e organizador do evento, anunciou o festival para os días 7, 8 e 9 de agosto de 2025, co quecemento habitual o día 6. O recinto continúa así a combinar varias das experiencias que se converteron en partes esenciais de todas as edicións notables do Sonic Blast Fest: praia, campo, río, bosque de piñeiros e riffs. Moitos, moitos riffs!
Os pases xerais xa están dispoñibles e as entradas anticipadas xa están esgotadas.
A edición de 2024 foi a primeira que tivo lugar en Âncora e esgotou todos os tipos de pases (xerais e diarios), atraendo a máis de 15.000 persoas durante os tres días do festival. Estas cifras súmanse ás case 3.000 entradas do día de quecemento e da recepción dos siareiros.
A 13ª edición do Sonic Blast Fest regresa á Praia da Duna dos Caldeirões, en Âncora, do 7 ao 9 de agosto e xa confirma os primeiros 14 nomes da programación de 2025.
O primeiro grupo de artistas confirmados son: Fu Manchu, Amenra, Circle Jerks, Earthless, Emma Ruth Rundle, My Sleeping Karma, Dopethrone, Slomosa, Jjuujjuu, Patriarchy, Gnome, Same Area, Daevar e Spoon Benders.
O californiano Fu Manchu encabeza o primeiro anuncio do Sonic Blast Fest. Fu Manchu, unha lendaria banda estadounidense de stoner rock dos anos 90, continúa activa e lanza importantes álbums dentro do xénero, como demostra o seu último álbum deste ano, “The Return of Tomorrow”. As letras da banda están inspiradas en temas como as máquinas recreativas, os muscle cars dos anos 70, os mitos e os ovnis.
Outro dos grandes nomes neste anuncio é Amenra, unha banda belga de post-metal de Kortrijk que promete unha experiencia abraiante e comunitaria a través de Âncora, unha experiencia case baseada na fe, con álbums como Alive, Mass e o máis recente De Doorn na súa bagaxe.
O punk segue a ser un foco forte do Sonic Blast Fest, e este primeiro anuncio non podería estar mellor representado que por Circle Jerks, unha banda de 1979 de Hermosa Beach, California (EUA), considerada unha das pioneiras do hardcore punk con álbums como Group Sex e Wild in the Streets. Temas sinxelos e rápidos, con cancións que duran pouco máis dun minuto de media, prometen subir o tempo en Âncora e levar ao público nunha viaxe a través da sátira musical do punk norteamericano.
Este anuncio tamén inclúe unha atención continua aos xéneros máis diversos que encaixan nun festival como o Sonic Blast Fest en 2025: Earthless, interpretando Sonic Prayer na súa totalidade; a guitarra e a poesía de Emma Ruth Rundle; as viaxes hipnóticas da banda alemá My Sleeping Karma; o sludge metal da banda canadense Dopethrone; o rock directamente da tundra norueguesa de Slomosa; o brío da psicodelia emerxente de Jjuujjuu, que pasarán polo Primavera Sound Barcelona antes de ancorar no Sonic Blast; e a banda dos Ánxeles Patriarchy, que combina electrónica de baile palpitante con vibracións industriais esmagadoras e ruído asfixiante; entre moitos outros.
Garboyl Lives, o promotor e organizador do festival, anunciou o festival para o 7, 8 e 9 de agosto de 2025, coa xornada de quecemento o día 6. Deste xeito, o recinto continúa a combinar varias das experiencias que se converteron en partes esenciais de cada Sonic Blast Fest: praia, campo, río, bosque de piñeiros e riffs, moitos, moitos riffs.
Os pases xerais xa están dispoñibles e os prezos anticipados xa están esgotados.
A edición de 2024 foi a primeira en Âncora en esgotar todos os tipos de pases (xerais e diarios), atraendo a máis de 15.000 persoas ao recinto durante os tres días do festival. Estas cifras súmanse ás case 3.000 entradas na xornada de quecemento e na recepción dos fans.
A 12ª edición do Sonic Blast Fest está cada vez máis preto. O festival regresa á Praia da Duna dos Caldeirões, en Âncora, a vindeira semana do 8 ao 10 de agosto de 2024. A organización desvela agora os horarios completos de actuación dos días do festival.
O Sonic Blast Fest prepárase para volver ser un lugar idílico para celebrar a música entre as dunas, o río, a praia e o piñeiral. O recinto do festival abre todos os días do festival ás 13.00 horas (inauguración o día de quecemento ás 20.00 horas), e o despacho de billetes para o intercambio de pulseiras e/ou outra información está aberta todos os días, de 7.00 a 10.00 horas, de 10.00 a 16.00 horas: 30 am.
A programación completa de 2024 inclúe nomes como: Viagra Boys, High on Fire, Graveyard, Black Mountain, Brant Bjork Trio, Wine Lips, Color Haze, Gaye Su Akyol, Causa Sui, SLIFT, Fugitive, Night Beats, Enola Gay, Truckfighters, 1000 modificacións The Obsessed, CO.F.F.I.N, Skemer, Margarita Witch Cult, High Reeper, Earth Tongue, Cobrafuma, Silvershark, Saint Karloff, Daily Thompson, , Maruja, Poison Ruïn, Sacri Monti, Deathchant, MДQUIИД. Madmess, Spitgod, Jesus The Snake, BØW, Great Fool e Branca Studio Dj Set.
O primeiro día da XII edición, o 8 de agosto, poderemos asistir a concertos de nomes como Viagra Boys, Graveyard ou Black Mountain. O segundo día do festival, os escenarios están encabezados por nomes como Colour Haze, Truckfighters ou 1000 mods. O último día de SonicBlast conta con High on Fire, Wine Lips, Fugitive, Brant Bjork Trio e Gaye Su Akyol.
Os abonos xerais para a edición de 2024 están practicamente esgotando, polo que os próximos días son cruciais para quen aínda queira asegurar as súas entradas. O abono xeral está dispoñible por 100 € e os abonos diarios por 45 €.