Virtuosidade, versatilidade, talento…Moitos son os adxectivos que se lle poden atribuir ao camaleónico Enrique Bunbury dende que subira a un escenario con Héroes del Silencio a mediados dos oitenta….
Ata o día de hoxe, explorou infinidade de estilos musicais, adicándose a facer o que lle viña en gaña e xuntando un bo feixe de seguidores e outro case tan grande de detractores, ata converterse nun dos artistas rock nacionais que mais venden en Latinoamerica.
Neste 2015, o zaragoz-ano volve cun Unplugged titulado ”El libro de las mutaciones” no que inclúe 15 temas: 9 temas dos seus discos en solitario pouco coñecidos para fuxir do típico Greatest Hits, 5 da época paleolítica cando cantaba ”Flor de loto” ou ”La sirena varada” con Héroes alá por terras da Merkel e o tema “Dos clavos para mis alas” que compuxo no seu día para Raphael e que él nunca publicara.
Grabado pola MTV como agasallo aos seus 20 anos ON THE ROAD e tamén por ser o primeiro ARTISTA español en congregar a 90000 mexic-anos nun concerto en Latinoamérica. Bunbury esgrime neste traballo temas como: El boxeador, Avalancha ou Mar adentro, arroupado por uns cantos coleguillas que seguro que no lo prueban….
Aparecen por aí: Draco Rosa, Carla Morrison, Zoé ou os Vetusta Morla para darlle outro aire a temas que xa todos coñecemos.
Lo ha vuelto a hacer…… STAY PELLETIER
@PelletierHorror
@redgra
Pingback: TODO LO QUE EN EL MUNDO HE AMADO ES UNA CANCIÓN, UN TEATRO… BUNBURY EN FERROL!!! |