BRUJERIA pisarán por primeira vez terras galegas, será no Resurrection Fest. En menos de 70 días, o grupo mexic-ano encabezará o Chaos Stage na xornada do xoves, e os Pelletiers como bos greñudos (algún que outro), vagos e marijuanos, ofrecémosche este artigo en forma de corpo fresco, para que o poidas desmembrar e descuartizar coa túa lectura, e así lembrar as andanzas e fechorías destes pinches chingones, e ir abrindo boca do que te podes atopar na sua próxima actuación no Resu.
Creo que poucos grupos tiveron a máis integrantes no seu plantel, que os propios Brujeria. Quén ía dicir ao colega Juan Brujo, cando formou o grupo para unha festa aló polo ano 1989, xunto con Asesino (Dino Cazares), JR Hozicon (Mr. Jello Biafra), Güero sin Fé (Billy Gould), e Fantasma (Pat Hoet), que sacarían tres discos e varios Eps e singles; e que compartiría estudio e escenario con tipos como Hongo (Shane Embury), Greñudo (Raymond Herrera), El Cynico (Jeff Walker), El Podrido (Adrian Erllandson), Hongo Jr. (Nicholas Barker), o falecido Cristo de Pisto (Mr. Jesse Pintad0), e un longo etc. Lendo estes nomes, só podes pensar dúas cousas, a primeira que ten que ser un supergrupo de metal extremo (e de feito así é), e a segunda, que deberon esgotar as reservas dos bares e camellos da zona por onde frecuentaban (vamos, uns anxeliños, NO LO PRUEBAN).
Na actualidade o grupo o conforman Juan Brujo (John Lepe) nas voces, El Sangrón como segunda voz, Pititis (Gaby Domínguez) na voz feminina, Hongo (Shane Embury) como guitarrista , El Cynico (Jeff Walker) no baixo, El Cuerno nas guitarras nalgúns shows, e na batería, según a disponibilidade e compromisos con outros grupos, a intercambian tres bateristas de luxo, como son Hongo Jr. (Nicholas Barker), El Podrido (Adrian Erllandson) e El Clavador (Daniel Erladsson).

Coco Loco para os amigos, o moneco ideal para os teus seres queridos
Dende que saíu a luz o primeiro disco, Matando Guéros, con esa portada tan impactante e irreverente, dunha cabeza cortada e medio queimada (Coco Loco), a banda sempre estivo envolta nunha atmósfera de polémica e “misterio”. Chegouse a dicir que realizaban ritos satánicos, misas negras e sacrificios humáns, que eran narcotraficantes, que estabán seguidos e vixilados pola DEA, e un sin fin de rumores e faladurías, que non facían máis que enardecer e expandir a fama do grupo, ¿marketing quizáis?. A verdade é, que o grupo entrou pola porta grande do panorama metálico internacional. Este éxito obtivérono, como froito da súa calidade musical, ainda que vocalmente non podemos dicir o mesmo, sobre todo nos directos, menos mal que Juan Brujo sempre rodeouse de bos músicos. Este “dreamteam” da música extrema deu co cóctel explosivo e perfecto, empregando na temática das letras: o satanismo, narcotráfico, drogas, violencia e sexo. Isto, xunto coa imaxe do grupo, sempre ataviados co seu pano guerrilleiro para ocultar a sua identidade (quen ía dicir que Asesino era Dino Cazares e Hongo Shane Embury, xamáis o adiviñaríamos… claro, claro…haha), fixo marcar a fogo o seu selo persoal. Aínda que o máis reseñable, sobretodo para os hispanoparlantes, era que cantaban en castelán . Este feito fixo que moitos de nos, escoitáramos e cantáramos algunha vez temas como, por exemplo, “Marijuana”, “Colas de Rata”, ou “Matando Güeros”. Para moito público da península, son considerados unha banda de culto. Teñen ata o seu propio exército (clube de fans), e os seus integrantes fanse chamar soldados.
En definitiva, Brujeria é un grupo que sempre xenerou moita expectativa nos seus concertos, sobre todo na península, dende a súa primeira actuación en Europa no Viña Rock (Viñarrobledo) do 2006. Ese mesmo ano actuaron en Madrid, Bergara e Barcelona. Non tardaron en voltar, xa que no 2008 repetiron no Viña, e tocaron tamén no Barroselas Metal Fest (Portugal) e no Kobetasonic (Bilbao). En 2011 voltaron a Viñarrobledo , e o ano pasado estiveron no Rock Fest en Barcelona. Este ano están presentando o seu novo single “Viva Presidente Trump” no Fuck Donald Trump Tour, xirando por paises de sudamérica.
En Europa estarán este ano nas seguintes datas:
- 22/06/16 Gdansk (Polonia). Klub B90
- 26/06/16 Protzen Open Air Feherbellin (Alemania)
- 29/06/16 Bruselas (Bélxica) Magasin 4
- 30/06/16 Krefeld (Alemania) Magnapop
- 01/07/16 Tilburg (Holanda) Little Devil
- 05/07/16 Kranj (Eslovenia) Trainstation Subart
- 06/07/16 Viena (Austria) Escape
- 07/07/16 Resurrection Fest Viveiro (Galiza)
- 09/07/16 In Flammen Open Air Torgau (Alemania)
- 14/07/16 Obscene Extreme Fest Trutnov (República Checa)
Dende Pelletier Horror recomendámosche a asistencia ao Resurrection Fest, para ver este show, que machacará a machetazos os teus ouvidos con ese grindcore tan característico e agresivo. Outra razón, das moitas máis para non perderse o Resurrection Fest deste ano en Viveiro. Non sei a que esperas se non tes a entrada, por que o concerto de Brujeria promete ser mítico no Resu.
Palabra de Pelletier, no lo probamos señor.
Stay Pelletier