Fai escasas horas, o Resurrection Fest confirmaba a derradeira quenda de confirmacións de grupos, así coma o reparto por días dos mesmos.
En Pelletier Horror, obviamente, estabamos moi atentos ao que sucedía na factoría vivariense…
Vinte novos nomes xúntanse ao poderoso elenco de bandas que actuarán no festival mariñán. Quizais estas últimas confirmacións non teñan tanto renome coma outras anteriores, pero a calidade musical dos grupos está moi por enriba do mainstream musical. Os que desfrutamos da música nos festivais e pasamos do postureo (que habelo…, haino), temos unha gran selección de bandas que farán as nosas delicias e, persoalmente, creo que os nomes pequenos e medianos danlle aínda máis calidade a un festival.
O máis suliñable deste anuncio son os grupos que conformarán a Warm-Up Party: Mr. Jello Biafra voltará a Viveiro para, aparte de “no probarlo”, interpretar os grandes éxitos da súa anterior banda, os míticos Dead Kennedys. Estará acompañado polo seu grupo, The Guantanamo School of Medicine, prometendo unha gran velada de punk-rock.
Outros que estarán o mércores é o novo grupo Powerflo (supergrupo é un término demasiado mainstream), con membros de Biohazard, Fear Factory, Downset e Cypress Hill. O líder de Biohazard, Billy Graziadei, é un vello coñecido do Resu e seguro que terá marcada esta data no seu calendario para liala de novo; esta vez a ritmo de rap-metal.
Coa inclusión destes dous grupos, máis a presencia de Riot Propaganda e Ministry entre outros, a Warm-up Party vai ser unha auténtica locura, coma ven sendo nestes últimos anos.
Outros dos nomes destacados nesta última confirmación é a de Tremonti. O guitarrista de Alter Bridge presentará o seu cuarto e último disco coa sua banda en solitario, titulado “A Dying Machine”. Unha banda que actuará o sábado no Mainstage e que Pelletier Horror recoméndache encarecidamente, xa que tivemos a ocasión de velos nun Hellfest fai uns cantos anos, ademáis de ver a este magnífico guitarrista con Alter Bridge en repetidas ocasións.

Mark Tremonti con Alter Bridge no pasado Copenhell
Outros que tocarán o sábado no Mainstage son Frank Carter & The Rattlesnakes. O que fora vocalista de Gallows voltará a Celeiro, de novo en solitario, para ofrecernos, coma ven sendo habitual, un espectacular show. As súas dotes coma frontman farán que o público trema cos seus temazos. ¿Verémolo pasear entre as cabezas da peñita? Seguro que vai ser un concerto épico.

Frank Carter & The Rattlesnakes no pasado Hellfest
Por outra parte, o grupo de New Orleans, Crowbar, será o encargado de sustituir a Saint Vitus, que recentemente suspendeu a sua presencia no festival galego. O venres 13 de xullo no Desert Stage teremos unha boa ración de Sludge-metal, xa que os seus colegas Eyehategod tamén actuarán ese mesmo día. ¿Haberá algunha sorpresa?
Outra cancelación de última hora, neste caso a de Voodoo Glow Skulls, fixo que os anxelinos The Bronx se sumen a este impresionante cartaz.
No apartado nacional, destacamos a incorporación de Angelus Apatrida, albaceteños pero viveirense de adopción, que descargarán o seu thrash o venres no Main Stage. Tamen teremos a Adrenalized e, por primeira vez, grandes nomes coma Virgen, Hongo, Now I Am, Pūrpura ou Kathaarsys (grupo ao que teñen moitas ganas de ver os seus “amigos” de Compostela, especialmente…).
Xa están todas as cartas sobre a mesa, a falta das tres bandas da band contest. A decimoterceira edición do Resurrection Fest promete ser épica, cun cartaz no que destacan grandes nomes coma: Ghost, Stone Sour, Prophets Of Rage, Scorpions, Megadeth e Kiss, entre moitos outros; pero os que desfrutamos destes eventos sabemos que hai grandes grupos, aparte dos cabezas de cartel.
Podes conseguir as entradas na súa web: www.resurrectionfest.es
Comeza a conta atrás
Stay Pelletier