
O Resurrection Fest Estrella Galicia acaba de anunciar que os vindeiros días 26, 27 e 28 de agosto se celebrará unha edición limitada do festival. Chamarase Limited e será de aforo moi reducido (en comparación as pasadas edicións destes últimos anos).
O festival terá lugar no recinto de siempre, o Campo de fútbol de Celeiro, e estará incluido no marco do Xacobeo 2021-22. O recinto contará con todas as medidas de seguridade e prevención posibles, seguindo a lexislación vixente actual e sempre atendendo á situación epidemiolóxica no momento no que se leve a cabo o festival. Esas medidas serán: público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras e puntos de desinfección. A organización recalcou no seu comunicado que confía plenamente no bo facer do público do Resu.
E o mellor de todo é que será un festival con artistas de primeiro nivel, contando tanto con bandas internacionais, coma con bandas nacionais e galegas.
Resurrection Fest Estrella Galicia Limited 2021
Kreator
While She Sleeps (único concierto en España)
Eluveitie
Jinjer
Destruction
The Ocean
Angelus Apatrida
Crisix
No Turning Back
Landmvrks
Bala
Devil In Me
Aphonnic
True Mountains
Bellako
Os abonos de 3 días poderán comprarse o vindeiro venres 6 de agosto a un precio especial que se publicará nos próximos días na web do festival.
Tamén se realizará un Resurrection Fest Online en datas posteriores á edición Limited.
A organización agradece enormemente ao Concello de Viveiro e aes veciñes de Viveiro por facer posible este evento.
Recordamos que debido as restriccións este será un evento exclusivo, así que tedes que estar atentes o día 6 as 12 da mañá para non quedar sen entradas.
Fainos moita ilusión poder dar esta nova, xa que, pouco a pouco, parece que se ve a luz ao fondo do túnel. Iso sí: sentidiño sempre.
Stay Pelletier
@santi_pelletier
