
O vindeiro sábado 11 de Decembro teremos unha gran noite de punk-rock e hardcore na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, xa que Rat-Zinger e Escuela de Odio visitarán a capital galega.
O tour “Tengan cuidado ahí fuera”, de Rat-Zinger, chega a Santiago D.C. para rememorar épocas de concertos pre-pandémicos e rachar con esta época de hiato concertil. Esta vez, veñen acompañados duns veteranos do hardcore, os asturianos Escuela de Odio. Ámbalas bandas presentarán novo disco.
No caso dos bilbaínos Rat-Zinger, presentarán o seu sexto álbum de estudio, “Tengan Cuidado Ahí fuera”; un disco cargado de raiba e mala hostia, cun punk-rock que coquetea co hardcore e co metal, sempre baixo a atenta mirada do todopoderoso Lemmy.
E, pola outra parte, Escuela de Odio descargarán os mellores temas da súa carreira e tamén do seu último disco “…Y Nada Más Que La Verdad”. Os asturianos son unha auténtica banda de culto no hardcore estatal e de seguro que farán que o respetable monte os primeiros pogos post-pandémicos.
As entradas se poden mercar na web http://www.wegow.com cun coste de 12 pavos máis gastos a anticipada e 15 pavos en taquilla.
Pelletier Horror recomenda este concerto, non só pola calidade musical dos grupos, senón tamén porque non vaia ser que nos prohiban este tipo de eventos en breve de novo, segundo vai avanzando a fucking pandemia (again), e teñamos que retomar o celibato concertístico.
Asi que xa sabedes: tedes unha cita o vindeiro sábado 11 de Decembro na Sala Malatesta.
Stay Pelletier.
“The Horror Show Must Go On”
