BENVIDOS A FAMILIA PELLETIER.
A Familia Pelletier xurdíu fai uns cantos anos, cando un grupo de rapaces de Parga e Guitiriz empezaron a viaxar ao Hellfest, en Clisson (France). Pero foi no ano 2012 cando dous mariñàns tiveron a sorte de acampar con estes amigos chairegos na edición dese mismo ano da Hellfesta. A partires de aí, forxouse unha boa amizade entre todos, e dende ese ano o Hellfest é data obrigada no noso calendario festivaleiro. A Familia Pelletier foi medrando pouco a pouco, e cada ano somos máis os que nos apuntamos à ruta na procura do Santo Pichet (Pichet: xarra de litro e medio de cervexa do Hellfest).
Pelletier Horror é o froito da nosa amizade, é coma se fora un fillo da nosa gran familia. Pelletier Horror é o fiel reflexo desa relación e deses anos compartidos entre música, alcohol e festas varias. Nesta páxina ,queremos ofrecer as nosas opinións, críticas, inquietudes e loucuras (por qué non); principalmente da música que nos gusta. Así coma diversos temas relacionados ou non con este mundo.
Queremos darche a nosa gran benvida a esta familia, agardamos que goces, rías, critiques, opines; en definitiva, que sintas à hora de ler esta web. E quen sabe, igual podes ser ti o seguinte Pelletier que nos acompañe ao Hellfest ou a outro festival ou concerto, a Familia Pelletier brinda por elo. De novo benvido.