O pasado xoves 3 de decembro enterabámonos da morte de Scott Weiland, exvocalista de Stone Temple Pilots e Velvet Revolver. Finou con 48 anos en Bloominngton (Minnesota), mentres realizaba unha xira xunto The Wildabouts. Atopouno morto o seu manager no bus.
A verdade é que Mr. Weiland foi comprando moitas papeletas para a súa prematura morte ao longo da súa vida profesional. Nos últimos meses, podías atopar en Youtube videos de Scott lucindo unha especie de rigor mortis andante. Pòdese ver nesta entrevista de maio deste ano, como os efectos de tantos excesos e adiccións, que lle foron pasando factura (https://www.youtube.com/watch?v=I5d_QHOGcW8).
Weiland únese a outros vocalistas grunge desa xeración maldita noventera, mortos polo exceso e adicción ás drogas. Como Andrew Wood (Mother Love Bone) que morreu o 19 de marzo 1990 por unha sobredose de Heroína. Kurt Cobain (Nirvana) ¨suicidouse¨ o 5 de abril de 1994. Shannon Hoon (Blind Melon) por sobredose de cocaína o 21 de outubro de 1995. Ou Layne Staley (Alice in Chains) vítima dun mal chute de “Speedball”(cocaína e heroína) o 5 de abril de 2002.
Membros de Stone Temple Pilots ou Billy Corgan (Smashing Pumpkins) mostraron as súas condolencias públicamente.
Na miña opinión, o Grunge xa perdera a Scott fai tempo. Foise un dos pilares básicos deste estilo, aínda que como puiden comprobar In Situ vendo os concertos de Pearl Jam (Bilbao 2010, espero velos no 2016 ), Alice in Chains (Bilbao BBK Live 2010, Graspop 2014) e Soundgarden (Hellfest 2014, Graspop 2014); o Grunge segue vivo e coleando.
D.E.P. Scott Weiland