O nadal é unha data que probablemente aborrezas. Se che dou a escoller entre unha pastilla vermella (disfrutar destes encantadores días coas súas panxoliñas, o seu consumismo exacerbado, toda a trangallada de noiteboa, a hipocresía do feliz ano, e merdas destas); ou unha pastilla azul (durmir ata o 9 de xaneiro, douche un par de días máis para evitar as rebaixas e toda a pesca). Seguramente elixirías a azul.
Pero como isto non é matrix, moito me temo que, ou te tragas un lote de pastillas para poder durmir todo ese tempo (corres o risco de ter un pequeno problema de sobredose e acompañar a Weiland na barca de Caronte), ou vaste tragar todo o nadal como todos os anos. Dende Pelletier Horror queremos que non sufras tanto, e por iso imos a facilitarche unha pequena axenda, cos vindeiros concertos destas datas polas nosas terras. Non son todos os que hai. Se sabes dalgún máis, por favor non dubides en mencionalo nos comentarios.
Por certo Feliz Falsedade.