Esta semana os amantes do hardcore, punk e metal estivemos expectantes polas novas confirmacións do festival vivairense. Todos xuntos olleando redes sociales, escoitando a radio ou vendo as mensaxes de whatsapp dos colegas, seguro que che soa a frase de “Ei tio sabes quenes veñen ao Resu…”.
O luns ao mediodia o Resurrection Fest confirmaba unha nova tanda de grupos , onde o hardcore e o punk tiñan o protagonismo. Como xa destacamos na nova desa confirmación, MADBALL, RISE OF THE NORTHSTAR, NO FUN AT ALL, THE CASUALTIES, ANGEL CREW, FRANK CARTER & THE RATTLESNAKES e TRUE MOUNTAINS , farán tremer o recinto de Celeiro.
O martes pola noite todos estabamos pegados á radio escoitando o programa de radio 3 “El vuelo del Fenix”. O seu presentador Juan Manuel Sánchez, ía dicindo os novos nomes que se sumarían o festival. E nos íamos celebrándoos, como si se tratase dun ensaio do teu equipo de rugbi favorito, ou como se foran narrando a combinación gañadora do teu billete de loteria. Con GRAVEYARD, IN MUTE e NASHVILLE PUSSY xa sabiamos que este anunciamento ía ser forte. E xa se confirmou por completo con ANGELUS APATRIDA, MUNICIPAL WASTE e DARK TRANQUILLITY. Para un servidor, a banda de Göteborg DARK TRANQUILLITY, é un dos pratos fortes do festival. Os suecos van a continuar o legado de grandes concertos de grupos de Death Metal Melódico de este país escandinavo, o cal empezaron os At the Gates no 2012, e seguiron os In Flames coa sua espectacular actuación o ano pasado.
Mércores pola noite, outro novo bloque. Os fans do Resu estabamos de noraboa, en especial os seguidores da música máis extrema. IMPLORE, PERSEFONE, AVULSED, FLESHGOD APOCALYPSE. Toma caña!!! A nosa ración de grindcore e death metal obligatoria e esperada. E con TESSERACT, PROTEST THE HERO e ENSLAVED os amantes do progressive metal flipábamos. Espera un momento, ¿ENSLAVED progressive metal? ¿Pero estes non son “horteras vikingos”? Creo que se pensas iso non os escoitaches ben. A banda de Grutle Kjellson dende o seu album Bellow the lights no 2003, ainda que xa se pode apreciar no Monumension (2001), afástase do black metal vikingo máis tradicional, incorporando á sua música riffs máis progresivos, voces limpas e máis elementos propios dunha banda de progressive metal, todo iso sen perder as suas raíces black.
E para rematar a semana, o xoves BRING ME THE HORIZON encabezaba un último anunciamento, con ATTILA e THIRTEEN BLED PROMISES. A verdade que persoalmente vendo os días anteriores, para o meu gusto é o máis frouxo. Seguro que miles de chavales con flequillo opinan o contrario.
Isto sí que é unha semana fantástica, e non coma a dos casposos do Corte fachoide inglés. Eu non sei se vibraches, gritaches ou gozaches con estas confirmacións. Ou polo contrario eres dos que viven nun conto de fadas e pensas que van traer a Metallica, Faith no More, Slipknot, Sistem of a Down, IRON MAIDEN…Espera, que os Maiden si que estarán en Viveiro. Disfrutade e non troleedes tanto, que o RESURRECTION FEST ainda nos deparará algunha sorpresiña para o ano que ven.
Up the Irons and Pelletier Forever.