A decimonovena edición do Barroselas Metal Fest está en camiño.Vanse confirmando cada vez máis grupos para este festival lusit-ano. O pasado mes de outubro, dùas lendas do death metal encabezaban a primeira tanda de confirmacións. Trátase dos belgas ABORTED, que presentarán o seu novo disco Termination Reduxe, o cal sairá á luz o vindeiro ano. E dos suecos GRAVE, banda que leva case 30 anos dando caña e machacará os ouvidos dos festivaliers con temas do seu último disco Out of Respect for the Dead, así como cos grandes éxitos da súa carreira. Non poderán faltar temas como Soulless ou In to the Grave no seu show.
Confirmáronse tamén, outros grupos como os ingleses DOOM, CONAN e HARK, os fineses ARCHGOAT, os seus veciños os suecos VALKYRJA, os portugueses WEB e GRUNT , e os galegos BODYBAG, con Dopi exercendo de batería/vocalista como facía nos añorados Machetazo.
Un mes despois, sumábanse outras lendas, pero neste caso do black metal. MARDUK, a banda do guitarrista Morgan “Evil” Håkansson e do vocalista Daniel Rostén (máis coñecido como Mortuus), encabezará un dos tres días. Xunto cos suecos, confirmábanse tamén aos norteameric-anos JUCIFER e USNEA, os checos SPASM, os australi-anos INVERLOCH, e os portugueses DECAYED e LUX FERRE.
Fai escasos días, este veterán festival anunciaba aos thrashers brasileños VIOLATOR , estou seguro que van a poñer o recinto de Barroselas patas arriba, como fixeron os barceloneses Crisix na edición anterior. Nese mesmo anunciamento estaba o grupo sueco de Doom/Sludge Metal MONOLORD, os escuros e impronunciables islandeses MISþYRMING (dou fé que están a anos luz da música que fai a cansina de Bjork) e os lusit-anos INFRA e DEMENTIA 13.
Para min o BARROSELAS METAL FEST inaugura a tempada festivaleira. Dende Pelletier Horror recomendamos ao 100% a túa asistencia,non só pola calidade dos seu grupos (aínda quedan máis grupos por confirmar),senòn tamén pola proximidade a Galicia. Barroselas atòpase a 95 km de Vigo. Tamén a comodidade de ver a un grupo sen agobios de xente é un factor a ter en conta, asì como a calidade dos concertos. Puiden comprobalo o ano pasado en Primordial e fai uns anos vendo a Immortal. E què dicir do sabor da súa cervexa SuperBock !! (!No la pruebo!, modo irónico ON), do porco ó espeto ou da simpatìa das sùas xentes !!, sempre se botan unhas boas risas cos nosos amigos e veciños portugueses. Se tivera que dicir algo en contra, sería que os que elixen acampar no bosque, xa lle poden dar ben o viño verde, xa que neses paraxes, en primaveira, pola noite soe facer algo de “pelete”. Pero iso non é excusa para os amantes do metal máis extremo, !!non me sexades fans de Bjork!! Unhas cantas superbocks, sobar no coche e/ou arrimarse a un portugués/portuguesa son opcións moi válidas para combatir a rasca. Tamén está a opción de non durmir, pero xa nos estamos adentrando en cuestións máis propias da sección Horror. Iso deixarémolo para outra.
Seguiremos informando sobre este festival e sobre novas confirmacións.
Stay Pelletier.