Chega a tan ansiada confirmación do Resu, Iron Maiden!!. O FESTIVAL da mariña lucense pon o listón cada vez máis alto e anima o panorama festivalier con este anunciamento. O Resu é un claro exemplo de superación que, moitos festivais de ”non tan ao norte”, deberían coller de arquetipo se algún ANO queren facer algo que só se lle asemelle.
Arquivo
Todos os artigos para o mes Decembro 2015

Despois duns meses de calma total no que abrangue as confirmacións deste mítico festival, comeza este mes de nadal cunha importante lista de grupos confirmados que seguro deleitará os verdadeiros amantes do metal e dos bos festivais. Continuar lendo

11 years without Dimebag. R.I.P.
11 años sin Dimebag. D.E.P.
11 anos sen Dimebag. D.E.P.

Se rumorea que el grupo de Seattle regresa a Europa en 2016, estas son las fechas que suenan: Continuar lendo
O nadal é unha data que probablemente aborrezas. Se che dou a escoller entre unha pastilla vermella (disfrutar destes encantadores días coas súas panxoliñas, o seu consumismo exacerbado, toda a trangallada de noiteboa, a hipocresía do feliz ano, e merdas destas); ou unha pastilla azul (durmir ata o 9 de xaneiro, douche un par de días máis para evitar as rebaixas e toda a pesca). Seguramente elixirías a azul.
Pero como isto non é matrix, moito me temo que, ou te tragas un lote de pastillas para poder durmir todo ese tempo (corres o risco de ter un pequeno problema de sobredose e acompañar a Weiland na barca de Caronte), ou vaste tragar todo o nadal como todos os anos. Dende Pelletier Horror queremos que non sufras tanto, e por iso imos a facilitarche unha pequena axenda, cos vindeiros concertos destas datas polas nosas terras. Non son todos os que hai. Se sabes dalgún máis, por favor non dubides en mencionalo nos comentarios.
Por certo Feliz Falsedade.
Continuar lendo
O pasado xoves 3 de decembro enterabámonos da morte de Scott Weiland, exvocalista de Stone Temple Pilots e Velvet Revolver. Finou con 48 anos en Bloominngton (Minnesota), mentres realizaba unha xira xunto The Wildabouts. Atopouno morto o seu manager no bus.
Continuar lendo
BENVIDOS A FAMILIA PELLETIER.
A Familia Pelletier xurdíu fai uns cantos anos, cando un grupo de rapaces de Parga e Guitiriz empezaron a viaxar ao Hellfest, en Clisson (France). Pero foi no ano 2012 cando dous mariñàns tiveron a sorte de acampar con estes amigos chairegos na edición dese mismo ano da Hellfesta. A partires de aí, forxouse unha boa amizade entre todos, e dende ese ano o Hellfest é data obrigada no noso calendario festivaleiro. A Familia Pelletier foi medrando pouco a pouco, e cada ano somos máis os que nos apuntamos à ruta na procura do Santo Pichet (Pichet: xarra de litro e medio de cervexa do Hellfest).
Pelletier Horror é o froito da nosa amizade, é coma se fora un fillo da nosa gran familia. Pelletier Horror é o fiel reflexo desa relación e deses anos compartidos entre música, alcohol e festas varias. Nesta páxina ,queremos ofrecer as nosas opinións, críticas, inquietudes e loucuras (por qué non); principalmente da música que nos gusta. Así coma diversos temas relacionados ou non con este mundo.
Queremos darche a nosa gran benvida a esta familia, agardamos que goces, rías, critiques, opines; en definitiva, que sintas à hora de ler esta web. E quen sabe, igual podes ser ti o seguinte Pelletier que nos acompañe ao Hellfest ou a outro festival ou concerto, a Familia Pelletier brinda por elo. De novo benvido.






