Terceiro ANO consecutivo no que os herculinos Display of Power visitaban a capital galega. Algúns pelletiers estivemos ali disfrutando deste concertazo; iso sí, bastante máis tranquiliños que na primeira edición. Quedarán grabadas para a posteridade nosas locuras de público no DVD dos Display, con cinturón fustigador incluido (Horror is our Religion).
Entrábamos na Capitol e un servidor, todavía coas feridas de guerra do partido de rugby do serán, achegábase a polo primeiro litro de birra da night. Hai que suliñar que a sala Capitol, aparte de ser unha das mellores en canto a son e visibilidade, ofrece na súa carta de bebidas espirituosas litros de cervexa, feito que axuda ao respetable a que non teñas que estar pedindo continuamente.
Eramos pouquiños cando Neverside comezaban a caldear o ambiente, aínda que despóis entrou mais peña. Os vigueses basearon o seu setlist nunha mistura de temas novos (Volition #2, Old Sun e Father Wolf) con temas do seu primeiro LP “This is our Gun”. A calidade, pese a xuventude, destes catro músicos, notouse dende os primeiros temas. Os olívicos co seu contundente crossover alternativo, danlle un soplo de aire fresco a gran escea do thrash e metal galego.
A medida que ía transcurrindo o concerto entraba cada vez máis público e formábanse as primeiras brechas. Non era por ganas, pero a este pelletier cada vez lle costa máis entrar no pit. Os anos non pasan en balde e a carón da barra estase ben.
Bo concerto dos Neverside, que fecharon con Fixin e a gran The List Of Lives I’ve Broken, cunha chiscadela final ao Kashmir de Led Zeppelin. Creo que este é un grupo a ter en conta nos vindeiros anos, xa que na miña opinión, vai dar moito que falar.
Chegaba o turno dos estradenses Mutant. Estes, chegaban cun novo disco baixo o brazo, “Pleiades”, financiado gracias aos seus fans por medio do crownfounding. Pódese dicir que era unha doble presentación, xa que non só era a primeira vez que tocaban os novos temas en di-recto, tamen era o primeiro concerto do seu novo baixista, Xalo.
Comenzaron o concerto con Alcione, tema que tamén abre o disco. Empezaba a nosa dose de thrash cañeiro, e as voces rasgadas de Xalo, mesturadas a perfección cas de Pla, xa se empezaban a notar. Comezábanse a formar as primeiras brechas e, sen pausa entre cancións, chegaba Twelve Gods, uns dos meus temas favoritos. Podese definir como unha especie de mestura de Motörhead con Kreator, as rasgadas voces de Pla recordaban ao gran Lemmy nos seu mellores tempos. Destacar tamén a percusión, cunha potencia e contundencia na pegada, Caki demostraba porque é uns dos mellores bateras do país. Todo soaba perfecto e isto non fixera máis que empezar.
Outra birra, outro trago de LK e, como dicía Pla: “falar é de maricóns”. Overdose, primeiro tema do seu anterior disco “Tithanomakhia”, poñía patas arriba a Capitol. A verdade é que antes do concerto non sabíamos como ía a responder en di-recto a banda, despois da saida do seu anterior baixista Campi, cando o grupo todavía se chamaba Mutant Squad. Na miña opinión, creo que os Mutant supliron perfectamente esta gran baixa coa nova incorporación do antes citado Xalo. Teño que afirmar, que agora mesmo, son unha das bandas que están máis en forma no metal galego, e atreveríame a dicir do panorama metálico estatal.
Seguía o concerto con Rage of the Ohms, tamén do “Tithanomakia”, e os Mutant regalaban camisolas novas do grupo, tirándoas ao persoal,como os típicos paperboys que van en bici cos xornais nas pelis americanas.
Os temas continuaban e os estradenses seguían machacándonos e ametrallándonos co seu potente thrash. Soaban The Machine, do seu primeiro Ep “Social Misfits”, Nahual (do novo disco) e Remember, tamén do seu primeiro Ep. Máis thrash, máis birra e máis LK (“Polo ollo non, Pla,mellor pola boca”, bromeaba o vocalista).
A xente xa entregada (uns 350 opinaba un colega pelletier… Eu non teño esa capacidade de precisión, pero case chegaba a media entrada) seguía facendo circle of pits e disfrutando do concertazo destes monstruos musicais. Para rematar, a gran traca final: tres temas máis do “Pleiades”, Obsidian, Road to Xibalba, cun maxestuoso solo de guitarra, e a progresiva e ,para algúns mastodóntica, Canvas. Perfecto punto final a un concerto dunha banda que seguro que tocará nalgún gran festival este verán. ¿Repetirán por cuarta vez consecutiva no Resu? Méritos non lles faltan…; máis ben lles sobran.
Para finalizar a velada, nin máis nin menos que os Display of Power. A banda coruñesa tributo a Pantera voltaba a terras galegas, despois da súa experiencia Hellfesteira o pasado verán. Chegaban nun momento un pouco delicado, xa que días antes os Metallica tiveran un pequeno escarceo cunha banda tributo e o tema das bandas tributo estaba no candeleiro. Señoras e señores que critican as bandas tributo: nótase que nunca víchedes a Display of Power. Este concerto faría calar as vosas bocas.
O cuarteto coruño comezaba o seu concert con The Art of Shredding. !!Toma temazo para empezar!! Cun son potentísimo e os Display en plena forma, todo prometía que ía ser unha boa noite. Na miña opinión, creo que acertaron co setlist, xa que tocaron algúns temas pouco habituais. Penso que é importante renovar o repertorio, sobretodo se eres unha banda tributo dun grupo que xa non está en activo. Ainda que sempre botas de menos algún tema… É o que ten rendirlle tributo a un dos grupos máis grandes da historia.
O concerto seguía con Heresy, dun disco que marcou unha época: o “Cowboys from Hell”. O público xa toleaba, e se podía ver xa a algún pelletier metido na brecha. Máis LOCURA con Mouth for War e Strenght Beyond Strenght. A verdade é que levo uns cantos concertos dos Display nas miñas costas e todavía sigo flipando cos solos de Roi.
STOP, banda e público necesitábamos un trago, ou dous; e Castaño bromeaba autotroleandose: “muerte a las bandas tributo!”, comentaba. Xa estabamos preparados para outra descarga de decibelios e adrenalina e, coma se caese unha choiva de brosas, escoitabamos Goddamn Electric, A New Level, Walk e 5 Minutes Alone. Toma Pantera por vena! Para isto non necesitamos ningún centro de desintoxicación (non coma o tito Phil).
Castaño seguía co seu autotroleo de coña, criticando ao lamentable episodio que tiverán os Metallica días antes, e chamaba a Pla, vocalista dos Mutant, esta vez sen guitarra na man, que saía de novo ao escenario para marcarse un “dueto” con Castaño na tremenda I´m Broken.
Tras a primeira colaboración da noite, puidemos disfrutar de temas non tan habituais como Where You Come From, Revolution is my Name ou a grandiosa The Great Southern Trendkill. Display of Power demostraba que ten unha formación sólida, cun engranaxe perfecto con Diego e Josema na sección rítmica, Roi emulando ao gran Darrell nas guitarras, e Castaño seguro e consistente nas voces, e exercendo de frontman sen que se lle vaia a pinza coma ao bo de Anselmo.

Era a hora dos bises, e subiron ao escenario para a segunda colaboración da noite, Pla (Mutant) e Liber, vocalista dos thrashers coruñeses Strikeback (os seu compis estaban abaixo no público dandoó todo… coma sempre). Trío de thrAShErS para Fucking Hostile, isto sí que merecía un All In, e un servidor deuno todo na brecha. Saltos, empurróns, gritos, caidas…; pero, sobre todo, bo rollo.
Para rematar a velada, xa co cuarteto herculino só no escenario, a todopoderosa Cowboys From Hell, un dos grandes himnos do METAL. Parecía que se fechabas os ollos trasladabaste ao mípico Monster of Rock de Moscu do 91 (quizáis os chupiños de LK con Mr. Alvarito Wasp comezaban a facer efecto…). Gran final para un gran concerto.
Maxestuosa noite a que vivimos en Compostela. Tivemos a sorte de presenciar o concerto de tres grandes bandas do metal galego. Creo que algúns organizadores de festivais deberían de deixar de meter nos seus festis a tantos grupos extranxeiros, “posers karatecas”, e apostar máis por bandas do país; porque en Galiza temos Metal de Calidade.
Esperemos ver os Display of Power de novo o ano que ven na cuarta edición.
Que lle den polo cú os deuses tamén. Sempre Pelletier.
Stay Pelletier