Os vellos rockeiros nunca morren, as últimas xiras nunca rematan e a picadura do escorpión segue tendo veneno, ou, polo menos, iso me dixeron…; porque nesta crónica non vas a ler o que fixeron Klaus Meine & company. Sabemos que Scorpions fixeron un gran concerto, pero o Resurrection Fest está cheo de alternativas que os Pelletiers utilizamos para dirixirnos polo sendeiro do Horror.
DÍA 2 (VENRES 13 DE XULLO)
As veces, nun festival os planes difícilmente saen como é de esperar, tanto para ben, como para mal. E por esta particular “aventura” vaste encontrando obstáculos ou facilidades das que tes que saír ou aproveitarte, según se mire… Por exemplo: que estás sin coche para ir a Viveiro por facelo mal o día anterior, pois vaste cuns colegas no primeiro tren da tarde.
Quizáis descansamos pouco tras un gran primero día, pero xa estábamos preparados para ver aos primeiros grupos da tarde e Hongo sería o primeiro que veríamos, aínda que o noso compañeiro de fechorías, Martín Pelletier, xa estaba no recinto dende facía un tempo para dar boa conta de Pandemia.
Os thrashers cántabros tiveron a difícil labor de abrir un escenario, neste caso o Ritual Stage, pero cumpriron con creces cos rápidos e potentes temas do seu Ep Aggression Desires e do seu disco Behind Enemy Lines.
Tampouco se perdeu aos galegos Barbarian Prophecies. ¿Qué mellor forma de cumprir a maioría de idade para unha formación que facelo tocando no mellor festival do teu país? O único grupo da provincia de Lugo das cen bandas do festival trouxo ao Ritual Stage o seu metal extremo, con Alicia dando unha lección de como se debe cantar guturalmente.
Pola miña parte, foi unha putada non chegar a ver a esas bandazas, pero ao que sí que chegamos foi a Hongo. Os herculinos serían o meu primeiro grupo do Desert Stage, escenario que visitaría en máis dunha ocasión.
A súa mestura de Doom-Sludge-Crust Metal fixo que xa nos metéramos de cheo no festival.
Hongo sacounos a nosa vena máis neurótica, xa que o sufremento, o castigo e a tortura mediante lapidación ou sufocación, así como as lápidas, a decadencia, o exterminio da humanidade e máis temas desta liña, que poderían ser propios do universo Disney, están contidos nas súas letras e na súa música.
Temas dos Eps Formas de vida que se precipitan hacia su destrucción ou Y sembrarán los campos de odio, fixeron que o respetable chegara a adorar a mesmísima morte.
Está claro que Hongo non son unha banda para todos os públicos, pero persoalmente foi unha forma magnífica de empezar a xornada.
Despois desa voltiña mental polo filo da inmundicia humana, calmaronseme as gañas de matar e decidín ir a facer a miña primeira visita ao Main Stage.
Rise of The Northstars sería o seguinte grupo que veríamos. Os franceses estaban a piques de publicar o seu novo disco, The Legacy of Shy, nese mesmo mes de xullo, aínda que só tocaron o tema “Here Comes The Boom”, dese novo disco.
Enfundados nos seus “kimonos” negros, os parisinos basaron prácticamente todo seu set list en temas do seu primeiro álbum, Welcame, e do seu segundo Ep: Demonstrating My Saiya Style.
As súas letras combativas e o seu potente hardcore fixo que estes “samurais” puxeran a case todo o público a botar, facendo tamén que este formara os primeiros pits da xornada. Temas como “Again and Again”, “Samurai Spirit” ou “Demonstrating My Saiya Style”, foron as máis aclamadas polo respetable.
Nun festival tan grande, escoitar e ver diferentes estilos musicais é algo que se da con relativa facilidade e neste caso trocábamos o hardcore dos franceses polo hard-stoner rock dos bilbainos The Wizards.
De novo estábamos no Desert Stage, desta volta para ver a un dos grupos revelación estatais destes últimos anos. Pese a ser un grupo relativamente xoven, os seus membros pasaron por diversas formacións antes de recalar nesta “reunión de magos“.
Cun setlist basado nos seus álbums The Wizards e Full Moon Scorpio, temas como “Avidya”, “Calliope (Cosmic Revelations)” ou “Halftones to Eternity”, entre moitos outros, trouxeron o seu peculiar occult-rock, con sons que maman dos mesmísimos Pentagram ou Sabbath.
Era a primeira vez que vía aos vizcaínos e a verdade é que me levei unha grata sorpresa, xa que o seu directo foi un dos mellores da xornada.
Pelletier Horror recoméndache a este grupo, que en breves sacará un novo disco: Rise of the Serpent.
O Resu continuaba, sen cesar un instante, e esta vez un dos grandes grupos do festival, Megadeth, saltaban ao Main Stage ante unha gran multitude. Pero nós optamos por ver a Mustaine e aos seus hostes dende unha posición bastante alonxada.
Un concerto onde os clásicos caeron un tras outro: “Hangar 18”, “Take No Prisoners”, “Sweating Bullets”, “Tornado of Souls”, “Symphony of destruction” e moitos máis sonaron no campo de fútbol de Lavandeiras.
Pero quizáis a falta de novidades no show, a pouca carisma de Mustaine, a morea de veces que os vimos, sumado a que foi un concerto bastante plano e monótono, fixo que non chamara excesivamente a nosa atención, exceptuando en certas partes deses temas clásicos (“…Peace sells…But Who´s buying…”).
O mesmo aconteceu con Suffocation, aínda que neste caso foi porque xa os víramos facía escasas semanas no Hellfest. As veces non podes poñer toda a atención nun concerto, por iso prefiro non opinar sobre este gran grupo deathmetaleiro.
Nun festival non podes estar ao pé do canón todo o tempo, por moito que nos pese. E se alguén o fai é que se está a perder outras cousas, porque sabemos que non todo é música, nestes eventos. E iso mesmo foi o que nos pasou con estas duas bandas das que acabamos de falar.
Pola contra, o concerto do que sí que non perdemos detalle foi o de Wolfbrigade. Os suecos puxeron patas enrriba aos “poucos” que estábamos na carpa (Chaos Stage); aínda que unha vez acabado o concert de Suffocation, a xente ía entrando cada vez máis neste pedazo de bolo.
50 minutos de auténtica guerra, case sen parar nin un intre. Porque o D-beat e crust dos escandinavos non deixou indiferente a ninguén.
Cunha primeira parte de concerto verdadeiramete brutal, con temas como “Catch 22”, “From Beyond” ou “War on Rules”, esta última do seu novo disco Run with the Hunted (2017); fixo que esa brutalidade se trasladara a un pit absolutamente bestial, aínda que bastante orfo.
Tommy Storback demostraba tralos parches que a pegada non está reñida coa velocidade e exibía o seu virtuosísmo nun auténtico alarde de facultades.
Comandados pola voz de Mikael Dahl, temas como “Barren Dreams”, “Return to None” ou “Living Hell” (versión da súa anterior formación, Wolfpack) foron toda unha oda a brutalidade.
Wolfbrigade demostraron unha actitude encomiable, rematando o concerto con “Nomad Pack”, “Warsaw Speedwolf” ou o grandísimo: “Ride the Steel” (“…From Here, End your Fear. And Ride the Steel…”). Gran concerto dos suecos, que nos puxo as pilas a base de trallazos.
De novo tíñamos un gran dilema á hora de elixir o seguinte concerto (un problema dos gordos…xd) ¿Monolord ou Leprous? A verdade é que nos afastamos un pouco da multitude e fumos a contracorrente (os Pelletiers sómosche así), para acabar de novo no Desert Stage e deixarnos atrapar polos pesados riffs de Thomas V Jäger.
O trÍo sueco sacou todo o seu arsenal para fulminarnos con temas como “Icon”, “Where Death Meets The Sea” ou “Audhumbla”, entre outros. O seu poderoso Doom fixo que se nos quitasen as poucas ganas de escoitar o “Still Loving You” o “Rock You Like A Hurricane” e outras pasteladas (sempre con respeto aos pasteleiros).
Porque non pasa nada se vas a un festival e non ves ao cabeza de cartel, non che quitan o “carnet de rockeiro”, non te van levar preso, non é ningunha traxedia, nin ningún pecado. Simplemente, non tiñas ganas de velos, e sei que deron un gran concerto (pese a que sacaron a desfilar a bandeiriña roxigualda de marras). Sei que o gran Mikkey Dee deu unha gran lección de como tocar a batería, sei que fixeron un gran hoenaxe a Lemmy…, pero non me arrepinto da miña decisión.
E esa decisión non foi outra que ver a Turnstyle. Este xoven quinteto norteamericano non tiña pantallas led, nin fogos artificiais, nin grandes luces, pero o que sí que tiñan era ACTITUDE (que conste en acta que non estou dicindo que Scorpions non tiveran actitude, nin moito menos).
Con só dous álbumes de estudio no seu haber, os de Baltimore ofreceron un verdadeiro concerto de hardcore. En ocasións o son lembrábame a grupos como Snapcase ou Fugazi; sei que son palabras maiores, pero o vocalista Brendan Yates recordoume a actitude punk deses grupos.
E foi a antesala perfecta para, na miña opinión, o mellor concerto do Resurrection Fest: Sick Of It All.
A relación dos neoiorquinos co Resurrection Fest só pode ser equiparable ao dos seus colegas Madball, e iso que os de Queens levan unhas cantas edicións menos, sendo exactamente esta a cuarta vez que tocaban en Viveiro (2006, 2010, 2014, 2018… Esperemos que volten antes do 2022).
Pero é que o Resu non sería tal sen Sick Of It All. O rexurdir do festival un 18 de novembro de 2006 foi grazas a que os norteamericanos viñeran despois da cancelación da data de verán por mor dunha lesión do batería Armand Majidi.
Quen sabe o que sería das nosas vidas se o Resurrection Fest nunca se celebrara… Seguramente seríamos máis infelices.
A verdade é que me sorprendeu que non tocaran no Main Stage, como fixeran nas demáis visitas. Pero ao longo destes últimos anos o Resu foi medrando e o hardcore foi pasando a un segundo plano (desgraciadamente), aínda que tamen é verdade que tódolos anos este estilo está moi presente, traendo ao mellorciño do hardcore internacional e nacional por estes lares.
Pero Sick Of It All non precisa do Main Stage e toda a súa parafernalia, xa que trinta e dous anos de traxectoria, once discos de estudio (doce, se contamos o que publicarán o vindeiro 2 de Novembro: Wake The Sleeping Dragon) e unha infinidade de xiras internacionais, aválanlles coma un dos mellores grupos de hardcore de todos os tempos.
No concert do Resu non faltaron os seus clásicos e míticos temas, auténticos himnos do hardcore que fixeron que miles de personas se fusionasen nun gran pit.
Puidemos desfrutar de temas do primeiros discos, coma “Injustice System”, “My Life”, “Good Lookin’ Out”,”Scratch the Surface”, “Step Down”, “Us vs Them”, entre outros, que se mesturaron con temas máis actuais, como por exemplo “Take the night off”, “Road Less Traveled”, “Machete”, “Uprising Nation” ou “Black Venom”.
O cuarteto da Gran Mazá demostrou vivir unha segunda xuventude, non faltando os saltos e xiros do gran Pete Koller, a enerxía tralos parches de Armand Majidi, a actitude de Craig Setari co seu baixo, e como non, a desgarradora voz de Lou Koller, que aínda nos segue a poñer os pelos de punta cando a escoitamos.
O poder do dragón segue moi vivo e o concert de SOIA foi coma aqueles concerts de antano no Resu, onde grupo e público formaban unha gran familia: a familia do Hardcore. Con concertos así, o Resurrection Fest nunca perderá a súa verdadeira esencia.
Despois de un bolazo así é difícil enfrontarse a outro concert, así que decidimos esperar un pouco e ver aos Angelus Apatrida; iso sí, dende un sitio bastante alonxado como para dar unha opinión sinceira do seu concerto.
Os albaceteños son como da familia no Resu (xa levan unhas cantas edicións) e gañáronse a pulso poder fechar o Main Stage o venres. Presentábannos o seu novo disco, Cabaret de la Guillotine; pero, como dicía antes, non podo falar do concert, xa que a miña atención non foi a máis idonéa para ofrecer unha opinión (aparte de que o nolopruebismo xa fixera mella no meu organismo dende facía tempo).
Gran segunda xornada con grandes concertos, aínda que persoalmente creo que Sick of It All estivo por enriba de todo.
Hardcore is still alive
Stay Pelletier
Texto: Santi Pelletier
Fotos: Martin Pelletier e Santi Pelletier