O Resurrection Fest 2019 segue anunciando nomes trala confirmación o pasado lúns do único e exclusivo show de Slayer en España, que ademáis será o último. Aparte xa se sabe a data de cando se anunciará ao último cabeza de cartel, será o 1 de xaneiro do 2019, sendo unha boa forma de comezar o ano.
Á cabeza das confirmacións de hoxe temos aos grandes Lamb of God, que voltarán ao festival despois da súa actuación na edición do 2013. Regresarán de novo máis grandes que nunca, tralo seu exitoso e recente paso por Madrid e Barcelona na xira do Final World Tour de Slayer, nun show que será exclusivo en España no 2019.
Os polacos Batushka, a revelación do black metal europeo, tamén estarán no festival coa súa posta en escena especial, nunha única actuación que os amantes do metal extremo non se poderán perder, tras agotar tódalas entradas na súa recente xira pola península.
O festival tamén contará coa súa habitual ración de grindcore, co divertido show dos portugueses Serrabulho.
Terror tamén son outro dos grandes nomes destas novas confirmacións, o grupo norteamericano veñe cun novo disco baixo brazo, Total Retaliation. Os californianos son un dos grupos punteiros do hardcore internacional, e voltarán ao Resu para que os asistentes non esquezan as raíces do festival.
Dende Suecia, estará tamén a banda punk-rock Misconduct, e dende Canadá virá Mute. Duas bandas que poñerán o Chaos Stage patas arriba.
Para os amantes do post-hardcore, os franceses Birds In Row estarán por primeira vez no festival, e os galeses Brutality Will Prevail tamén se sumarán á festa.
Se sodes máis de post-metal, o Desert Stage brillará con luz propia grazas á inclusión de The Ocean, quenes acaban de publicar un novo álbum, os suecos deleitarannos con tódolos seus grandes temas nun show moi especial. No mesmo escenario, estarán os tamén suecos Troubled Horse, outra gran banda de rock psicodélico que nos maravillará cos seus riffs. E tamén estarán os portugueses The Black Wizards.
Respecto aos grupos estatais, de novo haberá unha gran selección de bandas de tódolos estilos. No referente ao metal, estarán: Wormed, Vhäldemar, Brothers Till We Die, Childrain, Talesien e Lóstregos. En canto ao punk e hardcore, o festival contará con: Misiva, The Black Panthys Party, Eraso!, Avida Dollars, Caboverde, Catorce, Just e Less Fortunate Songs. E no escenario de stoner e post-metal, estará: Cobra, Wet Cactus, Syberia, Cró!, Bones of Minerva, MØURΔ, Electric Monolith e Voltaia.
As entradas estarán de oferta ata o próximo 30 de noviembre as 23:59 ao precio actual de 129 € + gastos. A partir dese día, as entradas subirán de precio, así que non esperedes ao último momento para comprar vosas entradas. ¡A qúé carallo estades esperando, insensatos!
http://www.resurrectionfest.es/entradas/
Todavía quedan grupos por confirmar, así como un cabeza de cartel, como dixemos anteriormente.
¡Vémonos en Viveiro, vémonos no Resurrection Fest!
Stay Pelletier