No día de onte, o Resurrection Fest anunciaba que o cabeza de cartel que tiñan confirmado dende hai meses, decidiu cancelar toda a xira europea estival, incluindo o festival viveirense.
Os organizadores rápidamente moveron ficha e anunciaron no día de hoxe a algunhas das bandas máis solicitadas polos asistentes do festival.
En primeiro lugar, Gojira voltará ao Resurrection Fest, tralo seu paso en 2014 e 2016. Os de Bayonne desplegarán todo o seu arsenal sonoro no escenario principal, nun dos concertos máis esperados desta próxima edición.
Despois do tremendo concerto que nos brindaron na edición de 2017, os suecos Arch Enemy serán outra das grandes bandas que poderemos ver o próximo ano por Viveiro.
Aproveitando que publicarán un novo disco de versións para o próximo ano, titulado Covered in Blood, quizáis os suecos nos sorprenderán con algunha versión (eu aposto polo “Shout” dos Tear for Fears).
A banda de punk-rock Millencollin tamén voltará por Celeiro. Recentemente, celebraron o vixésimo aniversario da banda e o próximo ano publicarán un novo disco que se chamará SOS. Os de Orebro (Suecia) presentarannos este novo disco e repasarán os mellores temas da súa carreira.
Fai escasas semanas, nos enterábamos de que Berri Txarrak poñerá fin a súa carreira en 2019; pero o Resurrection Fest non quere deixar pasar esta oportunidade para incluilos no seu cartel, nesta xira de despedida, nun concerto que será moi emotivo. Todavía lembramos ese gran concerto que deron en 2015…
Outra das grandes confirmacións son os cataláns Crisix, unha das bandas máis internacionais do estado, xa que tocaron en festivais como o Wacken, Hellfest, Alcatraz, entre outros, e ademáis tocarán no Graspop. Así que, o próximo ano Crisix voltará a Viveiro para machacarnos co seu ultra-thrash.
Xunto a eles, o festival confirmou unha selección de bandas nacionais de gran nivel, como son Kitai, Dagla, Close To The Sky, Cathexia, Perpetual Night, Control De Plagas, Neila, Cabeza De Caballo, Cordura, Back In Town ou Archivo Adxunto.
Recordámovos que o precio actual de 139 € + gastos, manterase ata o próximo 13 de xaneiro as 23:59, ou ata fin de existencias; porque vendo o ritmo de venta, é posible que non haxa máis abonos en breve.
Con esta nova confirmación, son 85 as bandas que conforman o cartel. Todavía quedan 15 máis, salvo algunha sorpresa, para fechar o cartel. Se non tes a entrada, a podes conseguir na web do Resurrection Fest:
http://www.resurrectionfest.es/entradas/
¡Vémonos no Resu!
Stay Pelletier.