O grupo asturiano de death metal Legacy of Brutality publicou o pasado 31 de maio o seu novo disco, Realm of the Banished Gods. Ademáis, esta fin de semana, poderemos escoitar novos temas en directo nos concertos de Xixón (venres 7 de xuño na Sala Acapulco) e A Coruña (sábado 8 de xuño no Forum Celticum).
A espera chegou ao seu fin e, tras case cinco anos dende que o grupo de Puerto de Vega publicara o seu anterior disco, Giants, o seu novo Lp viu a luz fai escasos días.
Realm of the Banished Gods é un disco que non te deixará indiferente, onde a técnica atópase coa brutalidade creando unha simbiose perfecta; para que cada track se convirta nunha bala que che penetre pola sen, pero que dispararías unha e outra vez de forma adictiva.
O disco, editado por Hecatombe Records, foi masterizado polo gran Dan Swanö (músico en bandas coma Bloodbath, Katatonia e Ghost, entre moitas outras, e productor de grupos coma Opeth, Dark Funeral, Therion, Ancient, ou Fleshcrawl, entre moitísimas máis), e contou co traballo de Tomas Honz no artwork da portada e Belén Lobeto na fotografía.
Ademáis, conta coa colaboración de tres grandes vocalistas que participaron no álbume: Abel Suárez de Cathexia no tema “Gods of the Deep” e Titi Muñoz e Xuxo Gallego de Posession no tema “The Dweller of Darkness”.
Podedes escoitar e mercar o disco a través da bandcamp do grupo.
www.legacyofbrutality.bandcamp.com
Ademáis da publicación, Legacy of Brutality voltará aos escenarios, xa que levaban un tempo sen tocar en directo por mor da grabación do novo disco. Asturias e Galicia (Xixón e A Coruña) serán os lugares elexidos para estes primeiros concertos de presentación do álbume.
- Venres 7 de xuño en Xixón (Sala Acapulco) con Posession de grupo invitado.
- Sábado 8 de xuño en A Coruña (Forum Celticum en Culleredo) con Wisdom e Impaled Corpses como grupos invitados.
Pelletier Horror recoméndache estes concertos, xa que sempre é un pracer poder ver en directo a un dos mellores grupos de música extrema do Estado.
Saúde e Death Metal.
Stay Pelletier