
A decimoquinta edición do festival mariñán manterá a System Of A Down e a Korn como cabezas de cartel, tal é como estaba planeado, e a parte deles, sumarase unha banda que os fans do Resurrection Fest levaban pediendo moito tempo: Deftones. Coa reedición do seu gran éxito ‘White Pony’ e un novo disco de estudio baixo o brazo, o grupo de Chino Moreno acudirá a Viveiro para deleitar aos fans máis acérrimos do nu metal.
Ademáis desta nova incorporación, a organización anunciou un novo cambio de data do Resurrection Fest 2021. Pasará de celebrarse do primeiro fin de semana de xullo ao primeiro de xuño. Polo que o festival adelantarase un mes e se celebrará os días 2, 3, 4 e 5 de xuño de 2021. O recinto seguirá manténdose no mesmo lugar de sempre, e a organización mostrou a voluntade de voltar as datas orixinais en 2022.
Respecto as entradas, tanto as do festival como as de Resucamp, viaxes ou os propios abonos, o Resurrection Fest confirmou que seguirán sendo válidas para a edición de 2021. No caso de que non se poda asistir ou se teña calquer problema, a organización do festival facilitou unha dirección de email, info@ayudaeventos.com, para poñerse en contacto. Para finalizar, a propia organización suliñou que continúan traballando para que as bandas anunciadas para o 2020, formen parte da edición de 2021 e, sobre todo, agradecen ao público, o cal denominan «o mellor do mundo».
