
“Thrash” case dous anos de pandemia, unha das frases máis escoitadas na comunidade metaleira é: “eu o que máis boto de menos son os concertos e a música en directo”. Pois o vindeiro venres 18 de Febreiro, en Santiago de Compostela, tedes unha marabillosa oportunidade de presenciar un gran concerto, que será un dos eventos do ano na capital galega.
O segundo round da serie de concertos polo sexto aniversario do Inferno Rock chega esta fin de semana, despois dun cambio de data por mor da fucking pandemia. Crisix e Northslave tocarán na Sala Malatesta, nun concerto que promete ser memorable.
Os barceloneses Crisix, que estrearon no día de onte o seu novo videoclip do tema “WNM United” coa colaboración de dez bandas da “New Wave of Thrash Metal”, presentarán o seu último EP, “The Pizza EP”, composto por catro temas ao máis fiel estilo Crisix: thrash metal sen fisuras, cun son potente e directo; deixándose de experimentos e demais merdas.

Pero os barceloneses non estarán sós, xa que os composteláns Northslave os acompañarán nesta velada. Esta xoven banda, aínda que con integrantes curtidos en mil batallas, nos deleitará co seu metal alternativo con destellos de Groove e Thrash, que non deixará indiferente aos alí presentes. Cun disco xa grabado e en proceso de post-produción (aínda non está editado), amosarán a súa calidade sobre as táboas e, de seguro, farán que o respetable comece a moverse no mosh pit.

E o mellor de todo é que terás todo isto por só 12 pavos a entrada anticipada e 15 en billeteira. Podedes mercar as entradas no Inferno Rock, A Reixa Tenda e na web www.masqueticket.com
E despois, a festa continuará no Inferno Rock e o HORROR terá lugar ata horas intempestivas…
Vémonos no concert!
Stay Pelletier
