Nada mellor para estrear esta sección que unha nova da máis ilustre estrela do rock da nosa terra, “Airbus Yosi”.
Como moitos de vós saberedes, xa que saíu publicado en varios xornais do noroeste peninsular, o cantante da banda de rock ourensana Los Suaves, sufriu un pequeno incidente mentres aterraba sobre o público despois de sobrevoar a Sala La Vaca en Ponferrada.
Vídeo de Los Suaves, Sala La Vaca
Por sorte para todos os incondicionais de “Airbus Yosi”, entre eles un humilde servidor, soamente resultou ferido na súa perna dereita ó impactar cun valo de separación e parece ser que non corren perigo de cancelación os seus próximos concertos.
Viernes 18 de diciembre, Sala Razzmatazz 1, Barcelona
Sábado 19 de diciembre, Sala La Mirona, Salt (Girona)
Martes 29 de diciembre, Sala Riviera, Madrid
Dende esta páxina mandamoslle unha forte aperta e esperamos unha rápida recuperación, e desexamos que sexan certos os rumores dun último concerto en Ourense que poña o peche final a tan grandiosa e fructífera carreira.
E como despedida un consello: “Compañeiro, limita as horas de voo que xa non temos vinte anos…, e trinta tampouco.”
Stay Pelletier