Comeza o 2016, un ano que se presenta apaixoante. AC/DC voltará a visitarnos (Lisboa 7 de Maio. Sevilla 10 de Maio), Black Sabbath encabezará os principais festivais europeos (Hellfest, Download, Graspop), Scorpions seguirán coa sua sempiterna xira de despedida (Bilbao 30 de xuño e Madrid 3 de Xullo), Iron Maiden pisará o 9 de xullo terras galegas no Resurrection Fest, dará outros 3 concertos na península (Lisboa 11 de xullo, Madrid 13 de xullo e Rock Fest Barcelona o 16 de xullo) e encabezará o Wacken, e os Guns N´ Roses reuniranse de novo, ainda sen datas confirmadas para Europa. Pero non só de grandes concertos e festivais vive o home. Un dos meus favoritos, o Sonic Blast, celebrarase os días 12 e 13 de Agosto en Moledo, moi preto de Camiña (Portugal). Ao outro lado do río Miño.
Neste pequeno pobo ao norte de Portugal, os irreductibles lusit-anos sobreviven cun festival que está rodeado de festivais popers e electrónicos (Paredes de Coura, Neo pop de Viana do Castelo, Semibreve Fest en Braga e Nos Alive, xa un pouco máis afastado en Lisboa), menos mal que tamén está o Barroselas resistindo. E xa non falamos doutros festivais máis alonxados como o Vagos Open Air en Aveiro e o Reverence Festival en Valada, preto de Coimbra. Como pódese comprobar, a oferta de festivais en terras portuguesas é bastante amplia.
O Sonic Blast xa confirmou aos primeiros dous grupos, aos norteameric-anos Windhand e Spellhammer de Suecia. Será a sexta edición dun festival pequeno e discreto, pero que trouxo en edicións anteriores a grupos como Pentagram, My Sleeping Karma, Blues Pills, The Vintage Caravan, Greenleaf, Atomic Bitchwax, Church of Misery, Kadavar, Sungrazer, Mars Red Sky, etc. Como podese apreciar o stoner e o doom son os protagonistas deste fantástico festival luso.
Mencionar que o festival ten dous escenarios, un para pola tarde para bandas máis descoñecidas, que está situado o carón da piscina, onde podes gozar bañándote nela mentres ves un bo grupo e tomas unha caña. (!Isto si que é vida!), e outro para a noite, onde actuan os grupos máis “importantes”. Destacar tamén que o bo ambente, non só no clima, senon que tamén por parte do público asistente, impera no desenrolo do mesmo. Ademáis o festival ofrece diversas actividades alternativas como surf, skate, praia e a xa citada piscina. E unha boa zona para o campismo. Festival ideal para pasar un bo finde de agosto cos teus colegas. Moitos Pelletiers aproveitaremos para facer unha expedición nesas datas, e poder contárvolo. En Pelletier Horror estaremos atentos a máis confirmacións.
Stay Pelletier.
Provavelmente o melhor festival de portugal!….paisagem…monte,mar,rio,praia(àgua doce,salgaga)…cozido à portuguesa…vinho verde…o genuíno é daqui…alvarinho,treijadura…misturado…os residentes!… o que querem é festa
GústameLiked by 1 person