O pasado xoves 21 de xaneiro, asistimos na sala Mardi Grass, a un verdadeiro espectáculo de rock ´n roll en estado puro. Nada máis entrar, na taquilla xa nos comentaban: – Boas rapaces!! Estades a punto de presenciar o primeiro concerto de Them Vibes en España. Así que, non perdemos tempo para situarnos nas primeiras filas, pero ben pretiño da barra, iso sí, as birras que non falten. Alí na barra xa nos atopamos con bos amigos, como Alberto (colaborador de Esturión Music, que nos prestou xentílmente fotos do concerto). Nese intre podía haber media entrada, aínda que despois foise enchendo a medida que empezou o bolo.
Xa coa nosa birra na man, escoitábamos a Mr. Larry Florman, máis coñecido como Broter Love, vocalista da banda, saudando ao persoal antes de golpearnos cos primeiros acordes de Hit´n´Run. A banda de Nashville (Tenneassee) leva relativamente
pouco tempo rodando, xa que se formaron no 2013, aínda que se pode apreciar nos seus compoñentes, que levan toda a vida tocando rock´n roll. Os americ-anos seguiron con Get what you Give e a incrible Mammas Gotta a Secret, primeiro single do seu novo EP “TV”, grabado o pasado 8 de setembro do 2015, nin máis nin menos
que por Richard Dood, gañador de ata sete premios Grammy polo seu traballo de producción e mezcla.
O show continuaba con You Get Me e I Kinda like it. O son dos americ-anos lembraba por intres ao dos grandes Black Crowes. O vocalista, sen parar un intre, baixaba do escenario e poñíase a bailar con parte do público, case sempre feminino. Brother Love é un tipo que non para de moverse e interactuar co persoal, e é dificil non verlle nas mans, ademais do micro, con as súas inseparables maracas, pandereta ou botella de Bourbon, que compartiu momentos máis tarde cos seus músicos. Seguía o concerto con enerxía, e as voces en Take it as Come, facíanme lembrar ao mesmísimo Robert Plant, un dos ídolos do cantante. Máis tarde no post-concerto, Brother Love comentoume que se atopou con Mr. Plant nun supermercado en Nashville, e flipou de largo, quedándose paralizado coa boca aberta. E chegou Build Me Up, onde o bo de Kyle Lewis executou a perfección o gran solo de guitarra que ten esta
canción. Foi aquí, onde os músicos demostraron, que poden dar un bo trago ao Bourbon mentres seguen tocando.
O concerto chegaba ao seu ecuador; Alex Haddad, o outro guitarrista da banda, trocaba a súa guitarra eléctrica por unha acústica, e o show baixaba un pouco o seu vibrante ritmo, para que músicos e público, baixásemos un pouco as pulsacións e así de paso ir a por máis cervexa, ou Johnnie Cola. Need Somebody, do seu primeiro LP “Shine On”, facíanos cantar “When you need…somebody… When you want… somebody… I´ll be there, I´ll be there…I´ll be there”. Alex Haddad, demostraba que a parte
de ser un bo guitarrista, deféndese bastante ben nas voces.
Era turno para Gone whit the wind, eses acordes tan sureños penetrábante ata poñer a pel de galiña. E chegaba Lorelei, tamén do primeiro LP, no 2014 grabaron un videoclip deste tema. Larry trocaba a botella por unha armónica, e a banda soaba en perfecta sintonía, a parte rítmica con Tim Braisted ao baixo, e Sarah Tomek á batería, facía que todo fora perfecto.
Seguían máis temas do primeiro disco como Woo Who, a Alex tocáballe de novo o turno no apartado vocal, ou You Do it. E comezaba a pegadiza Crying Shame, onde Mr. Brother Love foi presentando a todos os membros da banda. En especial a súa dona, Sarah Tomek, que deleitounos, a parte da sua beleza, cun magnífico só de batería, demostrando que a súa pegada e bo facer o leva na sangue, xa que seu pai foi un gran batería. A banda acababa con New Religion. E non deixou moito tempo para os bises, un par de tragos de birra e bourbon, mentres o público gritaba: one more song, e os de Nashville, voltaban cunha enerxética Wreck Me, para rematar co seu gran éxito Shine On…
Hai que mencionar, que despois do concerto non tiveron problemas en sacarse fotos, brindar e charlar co personal. A nosa sorpresa sería atopalos, case unha hora máis tarde, noutro bar. Como non, seguimos charlando, brindando e compartindo chupiños de licor café e tequila. En especial con Tim, o baixista, que falaba un perfecto castelán con acento portorricense. Para él, era a súa segunda vez na Coruña, xa que anteriormente tocara con Goodbye June. E Sarah e Larry comentáronme a incrible experiencia que tivo a banda, viaxando na furgo pola cornisa cantábrica. O aire puro, as paisaxes verdes, o mar… Non sei que opinarán cando viaxen pola meseta. Esa longa noite, rematou deixando aos Them Vibes indo a ver a praia antes de ir ao hotel. Creo que ao día seguinte, tanto a banda como un servidor, lembrámonos BEN daquela noite, modo resaca Agonist ON.
En definitiva, os Them Vibes demostraron na cidade herculina a súa paixón. Un concerto cheo de rock sureño, country, blues, pero sobre todo, moito rock ´n ´roll e festa.
See you again, my friends. Palabra de Pelletier, no lo probamos Señor.