O festival mariñán confirmou unha nova tanda de grupos para a edición de este ano. Os californianos Bad Religion encabezan esta nova remesa. O grupo de Greg Graffin e compañía estará este ano tocando en festivais como o Hellfest e o Graspop, e en Viveiro voltarán despois da súa actuación do 2013.
Outros que xa pisaron terras vivairenses, neste caso no 2014, son os franceses Gojira. Según a organización e unha das bandas máis pedidas polos resus, e este ano regresarán ao festival.
Completan este anunciamento H2O, Arkangel (para que despóis digan que hai pouco Hardcore), Uncle Acid & The Deadbeats, The Shrine, The Goddam Gallows, Hamlet, Battlecross, Obsidian Kingdom, Wormed, Blowfuse e Nashgul.
A entrada subirá ao seu precio final o próximo mércores día 2 de Marzo ás 23:59. Aínda quedan algúns grupos confirmar, así como os gañadores da Band Contest.
¡¡A qué esperas para facerte co teu abono!!
Stay Pelletier