O pasado sábado 17 de setembro, tivemos o pracer de presenciar o directo dun dos músicos máis controvertidos e polémicos dos últimos anos. Nin máis nin menos que Nick Olivery, que visitaba a compostelá Sala Malatesta co seu grupo MONDO GENERATOR.
Lonxe quedaron as súas polémicas actuacións co seu anterior grupo QUEENS OF THE STONE AGE, cando tocou totalmente espido no Rock in Rio de 2001, cando lanzou botellas de cervexa ao público nun concerto en Barcelona no 2002 ou cando estrelou o seu baixo nun show en Australia no 2004. En Compostela viuse a Olivery moito máis acougado e centrado. Máis, aìnda que fose o gran protagonista da noite, non todo foi Nick Olivery no Monolithic Fest.
As miñas obrigacións laborais fixeron que me perdera aos dous primeiros grupos, os lusit-anos BIG RED PANDA e os vigueses SUPA SCOOPA. Foi unha putada porque tiña gañas de velos, pero até que o Estado non comece a darnos subvencións por tolemia e demencia (todo chegará, senon nos levan presos antes, claro…), imos ter que seguir choiando.
Chegábamos a sala Malatesta xusto cando remataba o grupo olívico, pero a ausencia de comida no local, fixo que tivésemos que ir a “jalar” algo antes de presenciar os concertos. Todo isto fixo que entrásemos cando THE BLACK WIZARDS levaban tocado unha boa parte do seu show, xa que a puntualidade foi a tónica dominante neste festival.
Non temos perdón de DIO, porque o grupo luso soaba incrible. O seu stoner psicodélico con ramalazos fuzz e toques blues, atrapounos nada máis cruzar as portas da sala Malatesta. As guitarras de Joana Brito e Paulo Ferreira feitizáronnos en escasos segundos. Temazos como “Waiting for Train” do seu Lp Lake of Fire, fixeron que nos arrepentíramos de non ver todo o seu concerto. A grande pegada de Helena Peixoto á baterìa, fìxose notar no seu “solo” e estivo acompañada de forma maxistral na base rítmica por João Mendes no baixo.
Debemos de seguir moi de cerca a estes xóvenes portugueses, que agardamos non tarden en voltar por estes lares.
Entre concerto e concerto, namentres trocaban o equipo, aproveitamos para ver o merch e tamén para ir a por outra birra (foi curioso ver a Olivery exercendo de pipa). Non pasou moito tempo entre grupos cando comezaron MONDO GENERATOR.
Os anxelinos deleitaban ao escaso público, pouco máis de media entrada, co mellor son da noite. Comezaron con “Molten Universe” unha versión de KYUSS, uns dos moitos grupos nos que estivo Mr. Olivery ao longo da súa carreira musical. Puidemos desfrutar do artista norteameric-ano, que asombrou ao respectable cunha voz desgarradora e potente, acompañada polas guitarras pesadas de Mike Pygmie, que estivo sublime e pola potente pegada de Jeff Bowman na batería.
Precisamente as versións foron as que fixeron que o público comezara a moverse e axudou a que se montara algunha que outra brecha. “Green Machine” de KYUSS, e “Gonna Leave You” e “You Think I Ain’t Worth a Dollar, but I Feel Like a Millionaire” dos QUEEN OF STONE AGE , foron os mellores momentos dun concerto no que alternaron as versións con temas propios da banda como: “The Last Train”, “Dead Silence” ou “Mental Hell”, entre moitos outros.
Como comentamos anteriormente, viuse a un Nick Olivery bastante máis centrado e tranquilo que en anos anteriores. Demostrou as súas táboas no esceario, aìnda que na miña opinión estivo bastante parado. Dirixiuse ao público en varias ocasións, pero de xeito breve, para comentar os nomes das cancións e agradecer as múltiples ovacións. Semella que Nick non deixou de tomar a medicación e voltou a súa cordura.
Coma se pasase un tifón… foi rematar MONDO GENERATOR e a metade do público pirouse. Apenas quedábamos un cuarto de entrada cando os ingleses DESERT STORM apareceron no esceario.
Comenzaron como unha apisoadora, o seu potente stoner con toques sludge e unha voz rozando o gutural, fixo que o público se viñera arriba nos primeiros intres. Cortes como “Signals From Beyond” e “Shadow of an Eagle” fixeron que nos animáramos. Pero foi un espexismo, a monotonía nas súas cancións facíase palpable a medida que ía transcurrindo o seu show. Podíase dicir que os tipos estaban deixándose todo no esceario, non paraban de moverse, pero non abondaba. Os primeiros movementos do público tornáronse a unha actitude máis propia de estatuas humanas. Na miña opinión, ese potente sludge resultou un pouco aburrido ao final.
Non tiñan unha tarefa sinxela os BLACK SMOKE DRAGON, comezaron a horas intempestivas,con pouco público e o que quedaba, amosaba claros síntomas de cansazo e embriaguez. Non lles importou a este cuarteto ferrolán, que desgranou o seu disco Earth Have Jaiah, con ese Fiestoner Sludge Doom instrumental (asì é como se autodenominan) tan característico. Malia a todos os inconvintes, os de Ferror deron un bo concerto para pechar a primeira edición do Monolithyc Fest.
Agard-emos que este festival siga medrando ano tras ano e siga para adiante. Iso sí, que despois non o leven a Madrid, como vai pasar co Kriston Fest. Nas vindeiras edicións prometemos chegar antes, a ver si o puto estado nos paga a pensión por demencia e enaxenación mental e así deixamos de choiar. Tamén sería recomendable que nun concerto con tantos grupos, dispor dalgún posto de comida, aìnda que dentro dunha sala sempre é compricado.
Vémonos na segunda edición do MONOLITHIC FEST.
Stay Pelletier
Pingback: A TERRA DA CHOIVA QUE GOZA COS SONS DO DESERTO |