Non queda nada para que o grupo navarro LENDAKARIS MUERTOS visite a nosa Terra. Os iruindarrak ofrecerán tres concertos esta fin de semana: Santiago D.C., Vigo e A Coruña, son as cidades elixidas para descargar toda a súa raiba.
Non todo son malas novas no día que Trump se proclamou presidente dos EE.UU. A inminente xira pola Galiza de LENDAKARIS MUERTOS, fai que aínda teñamos un nimbo de esperanza neste louco mundo que nos toca vivir.
O grupo de Iruña está nun dos mellores momentos da súa carreira.
Logo de se tomar dous anos alonxados dos escenarios, no presente 2016 publican o seu novo álbum Cicatriz en la Matrix, co que están envoltos nunha xira na que pisaron festivais como: Sonrías Baixas, Gasteiz Calling ou Pintor Rock. Dita xira percorrerá as principais cidades do estado.
Ademais desta xira, xa no 2017, a finais do mes de abril tocarán en Londres e xa están confirmados para a vindeira edición do Viña Rock. ¿Voltarán ao Resurrection Fest? (Aquì deixo a miña profecía Pelletier).
Os concertos de Lendakaris son frenéticos, caracterizados por un ritmo endiañado, non paran nin un segundo. Practican un punk rock potente, fresco, divertido e comprometido. Tanto Aitor, como os seus compis (Joxemi, Jokin e Potxeta), non paran de moverse polo escenario, mentres bromean co público (Aitor é un crack), a conexión grupo-público está 100% garantizada nos seus concertos.
Pelletier Horror recomenda estos concertos, onde poderemos desfrutar de grandes éxitos como: “Gora España”,” Oso Panda”, “ETA, deja alguna discoteca”, “Veteranos de la kale borroka”, “Centro Comercial” e moitos máis. Mesturados cos últimos temas do seu novo disco, temas como: “Modo Dios”, “Húngara Chúngara”, “Es pota cerdo”, non faltarán no seu set list.
En Galiza acabouse a xeración xabarín, empeza a era da Xeración Oso Panda. Máis de un acabará coas olleiras Oso panda, despois de pasarse unha noite drogopropulsado en Modo Dios.
Stay Pelletier