Hai unha data marcada con lume no corazón deste humilde Pelletier; non polo estilo musical, non polos decorados “bonitos”, non pola inxente cantidade de cervexa que un corpo pode aguantar…
Esta data é o primeiro fin de semana de agosto, onde dende fai trinta e oito anos, ININTERROMPIDAMENTE, celébrase o Festival de Pardiñas. Festival promovido pola Asociación Cultural Xermolos e polos voluntarios do Concello de Guitiriz e arrededores. Léase “Concello” coma empadroados neses terreos, non coma funcionarios e empregados da casa consistorial.
Non fai 38, pero fai moitos anos, fun por primeira vez e xa non puiden deixar de ir, porque non coñezo na zona festival máis completo e con máis sentimento. Algo indescriptible o que pasa a tarde do domingo, sentados nos terreos do balneario, na mostra de instrumentos, no mercado de artesáns, nos bares de Xermolos, no garito da sidra ou acubillado nun recuncho, explorando unha galega de pro cos mesmos sentimentos hacia tal festa.
O conto comeza xa o venres cos Cantos de Taberna que percorren o pobo e, como non, tamén a festa do Mexilón do Curro Vello (Festa do barrio máis antigo de Guitiriz, que nada ten que ver co festival, pero que van da man para que ti non teñas un só intre de aburrimento). Xa sabemos que hai moitos cantos de taberna por aí, máis aínda nos últimos anos pero, se o aderezas con mexilóns grandes, tal afán Pelletier pola festa, viño do bo, cervexa da mellor e todo a prezos populares… Qué me contas? Coñeces algo parecido?
Até ben entrada a noite, cantamos, bebemos e rimos…
Logo chega o sábado. Non, non o día grande (Pardiñas is different); o sábado, sen máis… Aló nos imos todos ao recinto situado no mundialmente coñecido, polas súas augas medicinais, Balneario de Pardiñas, flanqueado por antigas casas coloniais que lle dan un aspecto moi íntimo e moi dado a maldades.
Este ano, ahí polas 17:00, Antón Corral será o encargado de dar o pregón na tradicional mostra de artesanía e dará paso tamén ao concerto de Fernando Meireles. Non é por escapar da música do artista lusitano pero o certo e que despois todos nos botamos a correr na carreira popular, que este ANO tamén chega a súa 38 edición (parte moi cansada do festival que os Pelletiers adoitamos saltar para tomar unha cervexiña) .
Pero como non todo vai ser deporte, aí se presenta a tardiña/noite e con ela chega Bloquiño de Xermolos e Os Melidaos para nos pór a todos a bailar.
Quique Escamilla (Chiapas-México), Kalakan & Luís Peixoto (Euskadi – Portugal) e Cúig (Irlanda) poñerán a nota internacional desta primeira xornada. Para este momento, terás que ter catado a rubia da zona. Se non o fas, non sentirás, nin verás, nin entenderás…
Skandalo GZ repiten este ano para pechar o cartel do sábado. Que vos vou contar destes rapaces que non saibades?. Diversión por doquier, para rematar coa música deste día!!! Como? Se así fose, esto non sería Pardiñas… A partires dese momento e ata ben entrada a mañá(sí, sí… “mañá”, non “madrugada”… Leíchedes ben…), no Xermolos de arriba montarase unha foliada que vos deixará ben cansos, pero contentos!!!
Poucas horas de sono, porque chega o día grande e, en Pardiñas, hai moito que ver e pouco tempo que perder. Ademáis, a bo seguro que aínda non te pasaches pola XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, onde un bo feixe de Mestres fabricantes che ensinan dende Gaitas ata o local Peitoque, pasando por toda clase de instrumentos que te poidas imaxinar. Non rosmes, que un pouco de cultura sempre vén ben e o que caldo non quere…, sete cuncas!
De paso que estás alí, xa te pasas a ver aos Mestres Artesáns, que expoñen de todo na XXXVIII Mostra de Artesanía. Bueno… De todo non… Non podes mercar unha Play Station, pero hai cousas moito máis bonitas e instrutivas.
Veña…. Que o estás a desexar… Tira para o vermú, ohhh…, que aquí hai de todo!!! Vintenbaio e Kote Malabar levarannos de novo a meternos de cabeza na música, na conversa, nas risadas, na cervexa e na sidra…
Ao Xermolos de abaixo irás a comer, moito e ben, para despois o LK poder probar.
Pois sí… Non nos podiamos ir sen probar o licor café. Aínda que marchar, temos que marchar para a Mostra de Instrumentos, a ver Os Viqueiras de Ordes. Podemos levar o LK, porque este festival, ademais de ser de balde, deixa que ti entres e saques o que che dea a gana… (dicir, iso sí, que con todo o que gastes nos bares ou tendas da Asociación Cultural Xermolos axudas a facer a festa, convertíndote nun irmán máis).
Xa verás como a estas alturas do fin de semana xa entendiches por que Pardiñas é todo sentimento.
Como non hai festa sen bandas, Abóbriga e Davide Salvado e Banda abrirán os concertos do domingo. Logo dos galegos, subiranse ás táboas os canadienses Yves Lambert Trio, para voltar á terra con Sacha na Horta.
Terán rematado os actos, pero non o dubides, estarás Pelletier e hipnotizado quedarás… Nunca máis serás o mesmo. O que vai a Pardiñas, sempre volta.
Stay Pelletier
@PelletierHorror
@redgra