Fai unhas cantas semanas, chegaba á Mariña Lucense unha das datas máis esperadas do ano: o RESURRECTION FEST. E como ven sendo habitual nos últimos anos, o festival comezaba na xornada do mércores, coa Warm-Up Party.Dende o ano 2015 vense facendo a festa de presentación ou Warm-Up Part e, visto o éxito nestas últimas edicións, a organización apostou por facer unha gran festa por todo o alto.
Anos atrais, nestas festas de benvida, tivemos o pracer de ver a grupos como Biohazard, Pro-Pain, Skindred, Narco, Soziedad Alkohólica, Sepultura ou CJ Ramone, entre moitos outros; este ano o festival non se ía a quedar atrás e logrou superar todas as expectativas, regalándonos un cartel de auténtico luxo coma quencemento.
O primeiro que debemos suliñar é que a organización vai superádose cada ano e mellorou aspectos, coma por exemplo enmendar o “problema” das barras que tiveron o ano pasado, xa que a peña ven con sede da casa e non pode esperar moito tempo a ter o seu refrixerio. Así que os organizadores decidiron abrir todo o recinto para poñer en funcionamento tódalas barras e servicios de restauración (circle meal), así coma os postos de merch e o market.
Outro cambio importante foi que os concertos se celebraron no Ritual Stage, que este ano trocou o nome co Chaos Stage (o escenario da carpa).
As 5 da tarde abríronse as portas do Resurrection Fest e os primeiros festivaleiros entraron ao seu paraiso particular. Cando entramos no recinto puidemos ver algún que outro troco con respecto o ano pasado. Daba a sensación que o recinto era un pouco máis grande, que ano a ano vaiselle gañando terreo. Tamén puidemos divisar algún detalle novo, como unha pancarta adicada aos defuntos irmáns Abbott (Vinnie Paul e Dimebag Darrell, para os neófitos), e bastantes novidades como unha zona de restauración máis grande, un punto lila de información e axuda contra as agresións sexistas e algún detalle máis.
O primeiro grupo que entrou en escena foi Golpe Radikal. Os da Pobra do Caramiñal viñan con ganas de guerra e iso foi o que fixeron, dar moita guerra co seu potente hardcore, repasando temas do seu Ep homónimo e do seu Lp “El Sello del Diablo”. Mostráronse moi activos durante todo o concerto e o público respondeu a súa actitude formando incluso o primeiro wall of death do festi (un verdadeiro luxo) co tema: “Derribando Muros”.
Teksuo foi o grupo que tomou o relevo, os asturianos practican un metalcore que ocasións traspasa a barreira do deathcore pero sen perder o toque melódico nas voces limpas de Diego, que demostrou o seu enorme abánico de rexistros vocales.
Ainda que é unha xoven formación, o grupo xa se formou en 2007 e ten un par de redondos no seu haber. Este ano voltaban de novo ao Resu, tralo seu paso no 2015, e presentábannos o seu último Ep: Nure-Onna. Fixeronnos vibrar con temas como: “The Swarn” ou “The Road of Life”, entre moitos outros.

Fotografía oficial do Resurrection Fest
A xente seguía entrando no recinto e a gran maquinaria do Resurrection Fest seguía rodando. The Qemists poñía a nota de electrónica co seu Drum and Bass, os de Brighton estaban dispostos a deixalo todo sobre o escenario e xa deron mostras delo abrindo o concerto con “Jungle”.
A verdade que a organización apostou por traer a grupos con un gran directo para esta festa de benvida, e os ingleses non foron menos. Temas como: “Anger”, “Stompbox” ou a gran “Run you”, fixeron que o publico botara e que incluso levara en volandas ao vocalista Bruno Balanta.
Riot Propaganda foi o seguinte grupo en entrar en acción, o seu rap-core con letras e mensaxes reivindicativos tomaba o mando no Ritual Stage. Persoalmente non son un grupo que me agrade demasiado, musicalmente falando, xa que comparto a súa mensaxe, ainda que teño que dicir que o directo que fixeron estivo á altura, especialmente cando versionaron “Historia Triste” de Eskorbuto. Pero ainda así seguiron sen motivarme demasiado.

Foto cedida polo noso amigo Bruno Pereira
Un pequeno problema coa cámara fixo que ata ese momento non puidera sacar ningunha foto. Grazas a que que os Pelletiers somos boa xente, os nosos amigos nos cederon material gráfico (Gracias Loren e Bruno). Menos mal que ese problema o puidemos arranxar para os pratos fortes da xornada.
Jello Biafra and The Guantanamo School of Medicine sería o primeiro. O mítico artista norteamericano voltaba a Viveiro despois de facelo na edición de 2013. Este icónico e controvertido vocalista, máis coñecido por ser o lider dos Dead Kennedys nos anos 80, segue dando caña e criticando as inxustizas sociais enriba dos escenarios.
Parece que dende 2009 cando comezou o seu proxecto xunto cos Guantanamo School Of Medicine, banda na que colaborou nos seus principios o mítico baixista Billy Gould (Faith No More, Brujeria…), Jello Biafra conseguiu atopar un proxecto máis consolidado, onde pode dar rienda solta as súas críticas e locuras (todo hai que dicilo).
Saltaba o bo de Biafra ao escenario ataviado con un abrigo morado e un gorro coma se fora un xeneral (o xeneral do punk, quizais) e sonaba “Satan´s Combover”, coas guitarras de Ralph Spight e Kimo Ball (ámbos membros fundadores do grupo) sonando dunha forma que nos recordaban aos grandes temas dos Kennedys (as comparacións son odiosas, pero o pasado é unha losa moi pesada).
Jello Biafra non paraba de moverse, coma segue sendo habitual, e “People With Too Much Time” ou “A Boring Day” calmaban un pouco os ánimos do respetable, que estaban ávidos de que sonaran os grandes temas dos Kennedys Mortos (a pesada losa do pasado estaba encima de todos).
E non se demoraron moito para que caera o primeiro tema dos Dead Kennedys: “California Über Alles”. Ainda que non tocaron a orixinal, xa que interpretaron o tema que Biafra grabara con The Melvins no 2005 no disco Sieg Howdy!. “California Über Alles 21st Century” era o tema que en realidade tocaron. É certo que o estribillo e o mesmo (California Über Alles), pero a letra é máis actual (polo menos en aquel 2005), e fala do gobernador Schwarzenegger en vez do gobernador Jerry Brown, no que falaba a orixinal, asi coma outras diferencias (xa non fala dos hippies, trata sobre corea do norte e irán, etc.).
O concerto foi un pouco a menos cando voltaron a tocar temas propios, pero converteuse nunha auténtica locura cando voltaron os covers de Dead Kennedys: “Holyday in Camboya”, “Two Drunk too Fuck” ou “Nazi Punks Fuck Off”, foron coreadas e bailadas como se merecen, coma auténticos himnos do punk.
Quizais botamos en falta unha colaboración, que sería unha grata sorpresa (todo hai que dicilo), entre Jello Biafra e Al Jourgensen para rememorar os tempos de Lard, banda na que colaboraron ámbos artistas a finais dos oitenta.
Despois de rememorar grandes éxitos do punk, esperábamos á que, persoalmente, sería a banda máis ansiada de ver nesta xornada. Tiña moita ganas de voltar a ver a Ministry, a verdade que as duas veces que a vín foi un pouco de forma descafeinada, unha por ser as 5 da tarde (Hellfest 2017) e outra porque no medio do concerto diluviou (Copenhell 2017). Menos mal que no Resurrection Fest o concerto foi sinxelamente apoteósico, pero non adiantemos acontecementos.
A intro “I Know Words”, do seu último disco AmeriKKKant, poñía o punto de partida ao que na miña opinión sería un dos mellores concertos do festival. Xa durante toda a xornada gozamos dun excelente son no Ritual Stage, pero en Ministry fíxose a gozadera (como dirían os reguetoni-anos).
Ministry saltaban á palestra e os guitarristas Sin Quirin e Cesar Soto portaban unhas rerroríficas máscaras, pero todalas miradas dirixíanse hacia Al Jourgensen que intercambiaba as voces coa armónica nunha magnífica “Twilight Song”.
Seguían con temas do seu último disco, AmeriKKKant, esta vez era o turno de “Victims of the Clown”. Probablemente o mellor grupo de metal industrial da actualidade estaba tocando en Viveiro (tan preto da miña casa)…
A combinación de elementos industriais como: samplers, scratches, voces pregrabadas, partes de discursos do cocho e impresentable de Trump, sons de viola remixados, etc. Estaba tutelada baixo a supervisión de John Bechdel que estaba tralos teclados. Estes sons acoplábanse á perfección cos potentes riffs das guitarras e a sólida base rítmica do baixista Jason Christopher e a batería de Thomas Holtgreve, ámbolos dous os membros máis novos da banda.
O son era un verdadeiro puñetazo na cara, como o tema que tocaron a continuación: “Punch in the Face”, do disco From Beer to Eternity (2013), primeiro disco trala morte de Mike Scaccia, un dos míticos guitarristas do grupo de Chicago.
Unha gran pantalla non deixaba de emitir rápidas e diferentes imaxes reivindicativas mentres Mr. Jourgensen dirixía todo este entramado industrial, coma se fora un director de orquestra do terceiro milenio.
Moi cedo caia o primeiro gran clásico: “Señor Peligro”. Lonxe queda xa ese 2006 no que a banda de Illinois publicaba o disco Rio Grande Blood. Pero a temática non cambiou, só temos que trocar o presidente Bush por Trump (entre porcos anda o xogo).
Dese mesmo disco enlazaron “LiesLiesLies” coa homónima “Rio Grande Blood”. Por aquela época estaba no grupo o defunto Paul Raven (Killing Joke, Prong) uns dos grandes xenios do rock-metal industrial, para que vexades a magnitude do grupo do que estamos a falar.
O ecuador do concerto non nos deixou descanso algún. Ministry disparábanos temas coma unha autentica Ak-47 (odio y venganza de excobatiente…); nese intre voltaron a sua última publicación para machacarnos con: “We´re Tired of It”, ” Wargasm” e unha coreada e aclamada “Antifa”, que en directo ten ese cheiro e sabor dos Ministry de sempre, autentica delicatessen para os nosos ouvidos.
O concerto chegaba ao seu desenlace final e “Just One Fix” lembrábanos outras épocas de cando se incluía este temazo na banda sonora de “El Día de la Bestia”. O propio Alex de la Iglesia explicaba, no recomendadísimo documental (Pelletier Horror recommends) “Herederos de la Bestia”, como buscou para a súa exitosa película o son industrial e apocalíptico de grupos como Ministry, e que non cesou no seu empeño ata que este grupo foi incluido na banda sonora da súa peli.
Outro tema do Psalm 69: The Way to Succeed and the Way to Suck Eggs (1992) como “N.W.O” trasladábanos a aquela época noveteira de alcohol, drogas e metal industrial. Quizais botamos de menos no seu set list o controvertido e polémico tema: “Jesus Built My Hotrod”.
Pero aledámonos profundamente de que “Thieves” e “So What” foran as cancións elexidas para rematar o concerto. Ambos temas do disco The Mind Is a Terrible Thing to Taste (1989) denotan unha clara influenciado thrash metal na súa música e o público repondeu a sendos temazos cuns circle of pit que quizáis ainda sexán lembrados polas maltreitas neuronas de Jourgensen.
O que sí sei a ciencia certa é que este Pelletier lembrará este concerto ata o fin dos seus días. Esperemos ver a Ministry moi cedo de novo por estes lares.
Despois dun concerto así, o grupo que tocaba a continuación, Powerflo, ía telo moi difícil para superar un espectáculo semellante. Está claro que os californianos non levan nin dous anos xuntos, pero os seus membros teñen unha traxectoría de bastante renome.
Esta reunión de músicos consolidados con algún queoutro vido a menos (eu non me atrevería a chamalos supergrupo, despois explicarei o por qué) publicou o ano pasado un disco homónimo que non obtivo todo o éxito esperado (tampouco me sorprende).
Nesta nova oleada de grupos de Rap-metal, onde podemos incluir a Prophets of Rage, Body Count (ainda que estes formáronse en 1990, voltaron no 2014 despois de varios anos de parón), Hollywood Undead, así como a volta de vellas glorias como Limp Bizkit, Sevendust, Disturbed ou Korn; Powerflo apareceu no panorama musical para intentar renovar e reinventar un xénero que foi éxitoso a finais dos noventa e principios de século.
O problema é que, dende a miña opinión, non conseguiron reinventar o xénero e que segue sendo máis do mesmo. Sumado a que tampouco teñan ningún single que haxa reventado os medios do xénero (só tes que ver o número de vistas do seus videos en Youtube para darte conta que non poseen moito éxito). Por estes motivos non creo que Powerflo poda ser chamado supergrupo.
Ainda así a expectación era máxima, quizais por ver a grandes artistas como Billy Graziedie ou Sean Dog sobre o escenario.
“Resistance” foi o tema con que abriron este concerto, a verdade que a actitude que tiveron ao longo de todo o seu show non foi para nada reprochable. Ainda que o son por momentos puido ser bastante mellorable.
Seguiron con temas do seu único álbum como: “My M.O.”, “Finish The Game” ou “Where I Stay”, quizais o mellor tema que teñen. A conexión banda-público foi moi boa, xa que Sean Dog fala un perfecto castelán con acento cubano (ten raíces cubanas) e isofacía queopúblico se metera de cheo no concerto.
“A to the K Melody” serviu para presentar aos membros do grupo e interpretar uns segundos dos temas máis famosos dos seus respectivos grupos: “Victory” de Biohazard por Billy, “Replica” de Fear Factory polo baixista Christian Olde Wolbers, “Empower” de Downset polo guitarrista Roy Lozano, e como non a propia “A to the K Melody” de Cypress Hill por Sean Dog. Tamén nomearon ao batería peruano Fred Aching, que se marcou un solo de batería de pouco máis de medio minuto.
A partir de ali continuaron cun set list que en ocasións voltábase algo repetitivo, agás en temas como “The Grind”, a versión de Biohazard “How It Is” (no que colaborara o propio Sean Dog no ano 1994) e “Victim of Circumstance”, tema co que remataron o concerto.
Powerflo sen facer un mal concerto, penso que non estiveron á altura para pechar esta Warm-Up Party (ainda que é unha opinión persoal). O que sí que hai que remarcar é que a súa filosofía é moi loable, porque prácticamente tocaron temas da propia banda a excepción de ese medley de “A to the K Melody” e “How It Is”, puidendo tocar máis versións de grupos propios, como fan sen ir máis lonxe Prophets of Rage. Habería que ver un concerto deles só cunha versión e todos temas novos…
De todas fomas, insisto en que isto é a miña opinión persoal e ti podes ter unha totalmente diferente. O que sí que é certo é que a peña non parou de botar, animar, bailar (o pogo é un baile) sen pensar que todavía quedaban tres magníficos días de festival.
Gran primeiro día, que foi o punto de partida dun gran fin de semana de música, festa e celebración… Pero iso o contaremos noutros artigos.
Polo que respecta á Warm-Up party, este Pelletier que xa ten uns cantos festis encima, decidiu reservarse e recollerse, xa que quedaba moito Resurrection Fest.
Stay Pelletier.
Texto: Santi Pelletier @santipelletier
Fotos: Santi Pelletier, agás: Riot Propaganda (Bruno Pereira) e Teksuo (Fotógrafos oficiais do Resurrection Fest). Video de Golpe Radikal (Alfonso e Loren Tevra). Moitas Grazas. Muito Obrigado.
Pingback: CRÓNICA RESURRECTION FEST DÍA 1: A MISA PAPAL E O XUIZO FINAL |
Pingback: CRÓNICA RESURRECTION FEST 2018 – DÍA 3: MATANDO NO NOME DE… FRANK |