Tras unha gran Warm-up Party, o Resurrection Fest abría de novo as súas portas nunha primeira xornada que difícilmente vai ser olvidada pola parroquia festivaleira, xa que miles de almas se deixaron caer na tentación e fixeron o mal, levados polo Cardinal Copia e os seus “sicarios” ata as portas do mesmísimo averno.
Pero isto merece ser contado dende o principio, xa que non só Ghost actuou neste primeiro día.
DÍA 1 – XOVES 13 DE XUÑO DE 2018
O Resurrection Fest foi madurando en todo este tempo e nós, que medramos con él e con outros grandes festis, temos alcanzazado unha experiencia festivaleira que nos leva a tomarnos o evento con certa “calma”.
Esa calma fixo que o primeiro día chegáramos a Viveiro co festival xa comezado. Todavía quedaban tres días e a carreira de resistencia acababa de comezar. Este aforro de enerxías fixo que nos perdéramos a grandes grupos como Los Montañeros de Kentucky, Bloodhunter, Vörtex, Agoraphobia, Cuchillo de Fuego, Against The Waves, Get the Shot ou Dawn of the Maya. Todos grupos con grandes directos.
A moitos xa tivemos o placer de velos e estou seguro de que os nosos camiños se cruzarán de novo con estas grandes bandas no futuro.
A nube da Mariña deunos unha tregua (os que vivimos alí ben sabemos do que falamos) e o sol aparecía para regalarnos unha magnífica xornada de festival.
O recinto a primeira hora da tarde xa tiña un aspecto impresionante, gozando dun gran ambiente. Parte da expedición Pelletier avanzou cara o Main Stage, entre saúdos, risas e as primeiras cañas da xornada. Jinjer sería o primeiro concerto ao que asistiríamos.
Os ucraínos saltaron ao escenario ante unha gran expectación, xa que miles de persoas agardaban polo show de este cuarteto.
Comandados pola poderosa voz de Tatiana Shmailyuk, este grupo, que practica un poderoso metalcore fusionado con elementos máis melódicos e alternativos que rozan o nu metal, con algún toque incluso de reggae (a voz limpa de Tatiana sempre me recordou a da gran Sandra Nasić de Guano Apes), fixo que os circle of pits foran continuos.
A presencia de Tatiana Shmailyuk é innegable, dando toda unha lección de actitude sobre o escenario; unha auténtica frontwoman con todas as tablas, pese a que non leva máis dunha década nos escenarios. A capacidade vocal desta rapaza está a altura de poucas cantantes. A verdade é que a facilidade nos cambios de rexistro (de gutural a voces limpas), sorprendeume gratamente.
Pero aínda que Tatiana acaparara moita parte da nosa atención, puidemos apreciar como a guitarra de Roman Ibramkhalilov tamén tiña un son non tan propio do metalcore, xa que en ocasións traspasaba a fronteira do djent-metal en temas coma “Words of Wisdom” ou “Captain Clock”.
Destacar tamén como o baixista Eugene Abdiukhanov que, acompañado polo batería Vlad Ulasevich, deu toda unha lección de fusión metal: funky, jazz, progresivo… sen perder toda a potencia dunha banda de metalcore. Temas como “Just Another” ou “Outlander” foron os mái detacados, baixo meu punto de vista.
Non debemos perder de vista a esta xoven banda, porque creo que vai dar bastante que falar nos próximos anos.
O Resurrection non descansaba nin un segundo, xa que sempre tes música que escoitar ou concerts que ver. Nostromo tocaban no Ritual Stage e decidimos ir a velos, tras pasar novamente polas barras.
Noutras épocas, seguro que este sería un concerto ao que iría as primeiras filas e que disfrutaría mentres facía uns pogos (o que nós chamamos: meterse na brecha), pero a voz da experiencia (que non da idade) fixo que os víramos dende lonxe, tal vez un anaco afastados, grazas tamén ao espectacular son que tiña este escenario (Ritual Stage) este ano. Creo que se mellorou bastante este aspecto, respecto a edicións anteriores.
Os suízos sonaron contundentes e agresivos, con un grindcore que posuía elementos doutros xéneros coma o metalcore ou mathcore.
Presentábanos o seu novo disco, Uraeus, e pese a ser unha banda que está fora do mainstream metal-harcore, tivo unha gran acollida por parte do público. Aínda que, persoalmente, o descoñecemento das súas cancións facía que a atención ao concerto non fora a máis idónea coma para falar máis deles.
Aos que sí que coñecíamos e desfrutamos en máis dunha ocasión (creo que os vin unhas catro ou cinco veces) eran Overkill. O thrash metal destes norteamericanos chegaba a Viveiro para patear uns cantos cús (coma se adoita dicir) e a verdade é que, na miña opinion, foron unha das mellores bandas da xornada.
Os de New Jersey non defraudaron e deron un concerto de auténtico thrash pola vea, dende o principio ata o fin. Por moito que pasen os anos, non se van a deixar influenciar por moditas e se hai que sacar un novo disco, ten que sonar a thrash… Nin fusións, nin experimentos, nin merdas (como diría un Pelletier de longa barba na faciana).
Porque Overkill seguen sacando discos. Sen irnos tan lonxe, no ano 2017 publicaron o seu décimo oitavo (case nada) álbum de estudio: The Grinding Wheel. Dese mesmo disco foi o tema co que comezaron: “Mean, Green, Killing Machine”, deixando claro cales serían as súas intencións: rodar cabezas.
“Rotten to the Core” foi o primeiro clásico en caer. Un tema do seu primeiro disco, Feel The Fire (1985), que en directo posúe toda a grandeza deses temas clásicos do thrash metal de sempre, pero sen perder un ápice de velocidade e frescura.
Mr. Bobby Blitz continua tendo a forza de sempre. Sen ter tampouco unha voz “privilexiada”, segue conservando esa voz “macarril” un tanto rasgada, con ese punto agudo que tanto nos mola. Cunha presencia escénica que ensimisma polos xestos, poses, muecas e porque é o puto “Blitz”, me entiedes? (lease isto en Coruño).
“Electric Rattlesnake” e “Hello From The Gutter” continuaban ese binomio tan acertado de canción dos últimos discos con tema clásico, co baixista D.D. Verni, o outro membro fundador do grupo, comandando o micro principal nas continuas e habituais escapadas do escenario de “Blitz” (sempre o fai, en todos os concertos).
“In Human we stand” cambiaba a orde dese binomio do que falábamos, para a partir dese punto tocar clásico tras clásico. Un servidor seguía gozando mentres se sorprendía da cantidade de raparig@s que estaban nas primeiras filas, moitos deles máis xovenes que as propias cancións que estaban a desfrutar (isto é a puta maxia do metal, damas e cabaleiros).
Dave Linsk poñíanos a pel de galiña cun gran solo en “Ironbound”. Él e o seu compañeiro de instrumento, Derek Tayler, mostraronse moi sólidos durante todo o concerto.
Pero se teño que destacar a alguén, ese é Jason Bittner, apenas leva máis dun ano tocando na banda, pero a súa solvencia tralos parches ten que ser digna de mención: unha auténtica ametralladora humana.
O neoiorkino soupo adaptarse a banda dunha forma espectacular, en parte porque xa traballou noutras formacións de thrash como os míticos Flotsam & Jetsam, ademáis de sustituir en 2006 e 2012 a Benante nuns cantos shows con Anthrax, logo de debutar con Shadows Fall (banda que se afastaba un pouco do clásico sonido thrash metal).
Gran concerto que nos deixou un final apoteósico con “Elimination” e “Fuck You” como traca final. Pero todavía quedaba unha sorpresa con “Sonic Reducer” como bis final, e rematando de novo co estribillo final de “Fuck You” (…We don’t care what you say…).
Ante un concerto así necesitas un pouco de descanso para asimilalo e decidimos non movernos a ningún escenario. Unha volta polo Pandemonium, outra visita á barra e os Anti-Flag xa saltaban a escena no Main Stage.
Teño que dicir que Anti-Flag non é un grupo que me motive demasiado e iso que xa os vin un par de veces máis, pero é de recoñecer que en directo son unha banda que practica un punk-rock fresco e entretido, ademáis de que comparto o seu mensaxe anti-feixista e anti-gubernamental.
Temas como “Fuck Police Brutality”, “This Machine Kills Fascists” ou “American Attraction” foron os máis destacados, baixo o meu punto de vista. Ademáis, nos instantes finais versionaron un fragmento do “Should I Stay or Should I Go” dos The Clash, que enlazaron con “Brandenburg Gate”, coa aparición “estelar” dos Resu Kids.
A verdade é que este festival é especial. Ese grupo de meninh@s (Resu Kids) non se olvidará con facilidade da experiencia de subir a un escenario cunha banda de punk-rock internacional.
O sol empezaba a poñerse e a oscuridade empezaba a asomarse. Sabíamos que o Mal andaba cerca e non había nada mellor para celebralo que cun concerto de Death Metal.
The Lurking Fear tocaban no Ritual stage e ata alí nos diriximos.
O novo proxecto de membros de At The Gates con músicos de bandas como Marduk, Tormented ou Sarcasm, entre outras, naceu en Gothenburg fai dous anos e ata o día de hoxe publicaron un EP (Winged Death) con tres temas, que posteriormente os incluirían nun longa duración titulado: Out of the Voiceless Grave.
A concerto prometía, ademáis non facía tanto que os vira no Hellfest, pero a sorpresa foi cando saltaron ao escenario só os tres membros de At The Gates que están na banda: o vocalista Tomas Lindberg, o batera Adrian Erlandsson, e o guitarrista Jonas Stålhammar. Ao parecer os outros dous componentes tiveron problemas cos vuelos e non foi posible que chegaran a Celeiro.
A propia banda deu un pequeno comunicado nas redes sociais o mesmo día explicando o sucedido (incluso grabaron un video da súa odisea). A verdade que saltar ao escenario sen baixista e segundo guitarrista foi todo un atrevemento por parte deste suecos.
Pero o feito é que The Lurking Fear convertéronse en trío por un día. A enorme pegada de Mr. Erlandsson, xunto coa técnica de Stålhammar e a agresividade nas voces de Lindberg, bastaron para facer un concerto máis que decente, aínda que evidentemente non foi o que esperábamos. Aínda así, temas coma “The Infernal Dread” ou “Winged Death”, entre outros, sonaron igualmente de potentes e agresivos.
A continuación, chegaba un dos pratos fortes da xornada: os norteamericanos Stone Sour tomaban o Main Stage para facer, na miña opinión, un dos concertos máis agridoces do festival; chegándome incluso a decepcionar en certos momentos.
E non me decepcionaron polo son (todo o contrario), nin pola súa actitude; máis ben foi porque penso que o ritmo que tiveron non foi o apropiado en determinadas partes do seu show, facéndose bastante soporífero sobre todo nas “baladitas” ou nos longos speech de Mr. Taylor.
Está claro que Stone Sour non o podemos comparar con Slipknot; son grupos totalmente diferentes, ainda que o vocalista sexa o mesmo; pero a calidade musical de ámbolos grupos é innegable.
Entre chispas, unha potente “Whiplash Pants”, tema do seu novo disco Hydrograd, sería o punto de partida deste concerto. Mr. Corey Taylor acaparaba todas as miradas e demostraba por qué é unha das mellores voces do panorama metaleiro internacional. Sorprendíanos levando unha camiseta do Resurrection Fest, un verdadeiro guiño ao festival.
“Absolute Zero” continuaba con esa contundencia, moita culpa delo era grazas a solvencia e gran pegada nas baquetas do ex-Soulfly (entre outros grupos): Roy Mayorga.
A verdade é que, para ser un grupo mainstream, non tiñan unha actitude de super-rockstars (tipo Avenged Sevenfold); ou polo menos esa foi a miña impresión nos inicios do concerto.
Tanto os membros anteriormente citados, como os guitarras Josh Rand e Christian Martucci, que se marcou un gran solo no tema “Knievel Has Landed” (tamén do último disco), e xunto co imparable baixista Johny Chow; todos demostraron a súa innegable técnica e calidade.
Hasta aquí todo era perfecto, pero para meu gusto unha excesivamente ñoña “Say You’ll Haunt Me” parou todo ese ritmo inicial. Repítome: sei que non é Slipknot, que Stone Sour son máis melódicos; pero as veces en exceso (cuestión de gustos).
“30/30-150”, tema do seu segundo álbum Come What(ever) May, voltaba a facernos vibrar, con Corey sorprendéndonos de novo; esta vez portando unha especie de bazooka, coa que lanzou unha choiva de confetti.
“Bother” voltou a traernos a calma. Corey Taylor aparecía coa súa guitarra para brindarnos a súa primeira baladita. Pena que non tocara, como fixera en Lisboa un par de días antes, uns fragmentos do “Nutshell” de Alice in Chains.
“Tired” e “Get Inside” foron as máis destacadas, xunto con “Song 3”, na parte final do concerto. Aínda que podemos incluir tamén “Throught the Glass”, que sen ser unha mala canción, fíxoseme un tanto empalagosa, sobre todo porque non era a primeira baladiña (nen a segunda…).
“Fabolous” puxo o punto final do concerto, onde apareceron os típicos monecos de aire danzaries, que baixo o meu punto de vista non pegaban nada alí, aínda que á peña se lle vía moi emocionada.
Coma anécdota, Corey dixo que voltaría por estes lares (esperemos que sexa coa súa outra banda…)
Sabíamos que The Baboon Show ía a comerse o Ritual Stage, que os suecos son un grupo incombustible, pero nós sí que necesitábamos fagocitar, e as veces as eleccións persoais para ver os grupos non son as máis adecuadas. Se o sei, anteporía a hora da cena ao tramo final do concerto do grupo de Iowa do cal acabamos de falar.
Aínda así, o meu compi Martín Pelletier achegouse ao lugar para sacar unhas cantas fotos e disfrutar de todo un espectáculo. Contounos que Cecilia Boström é un auténtico torbellino sobre as tablas e que temas como “Radio Rebelde”, “Tonight” ou “You Got a Problem Without Knowing It”, entre outros, desprendían ese espíritu de rock ‘n roll que tanto nos gusta.
Ben entrada a medianoite, os Pelletiers xa caéramos na tentación e promulgábamos o “mal” (sempre dunha forma un tanto comedida), agardando polo Papa, ou neste caso ao Cardinal Copia, un dos grandes protagonistas desta edición do Resurrection Fest.
Sería a única data por estes lares en todo o ANO da nova xira de Ghost, que presentaban novo disco: Prequelle. Para elo, o Main Stage convertíase nunha traballada catedral do pecado, coas lonas imitando ás típicas vidreiras de catedral gótica, pero con imaxes dos antigos Papas Emeritus.
“Ashes”, intro dese mesmo novo disco, servía como punto de partida para esta misa papal, para enlazar cunha todopoderosa “Rats”.
A Cardinal Copia, o “novo” vocalista de Ghost, víaselle moi cómodo polo escenario. A verdade é que Tobias Forge elixiu unha indumentaria máis cómoda para os directos, porque o traxe de Papa, con mitra incluida, non debía ser moi cómodo, que digamos. Xa non debe de ser fácil cantar cunha máscara de látex, para que encima teñas que levar máis parafernalia. Xa co Papa Emeritus III trocaba o seu atuendo papal por un máis “de sport”, nos primeiros compases de concerto.
Esta nova “personaxe”, sen dúbida, dalle moito máis xogo e liberdade ao bó de Tobias para campar as súas anchas polo escenario; aínda que tamén é verdade que lle quita bastante misticismo ao asunto. O mesmo podemos decir dos Nameless Ghouls: máis comodidade, pero menos ocultismo e escuridade (atrás quedan esas túnicas akelárricas)
Porque, na miña opinión, a época de maior escuridade da banda sueca foi nos seus primeiros álbumes; especialmente o primeiro: Opus Eponymous. Dese mesmo disco foi o tema co que continuou o concerto, “Ritual”, onde o Cardinal pedía as palmas para un público que xa estaba entregado a ese ritual de sacrificios humáns do que fala a canción (“…Smells of dead human sacrifices…”). Ademáis, percatabámonos dos coros dos novos Nameless Ghouls (unha muller e un home; ou ao menos as súas máscaras diferenciaban o xénero), unha das principais novidades desta xira.
“From The Pinnacle To The Pit” foi a primeira concesión ao seu terceiro disco, Meliora. Parecía que Mr. Forge tiña estudiado para o Cardinal todo, ata o mínimo detalle: os xestos, as poses e, por momentos, parecía que o tono era lixeiramente diferente a anos anteriores. Sen ir máis lonxe, en “Faith” parecía un director desta oquestra malévola, dirixindo os primeiros compases coa súa man.
A intro “Devil Church” dábanos unha pequena tregua para que a continuación nos deleitáramos con “Cirice”, outro dos grandes temas de Meliora. A comunión do “Papa” (ou Cardinal) coa xente produciuse de novo e, nun momento de epifanía de adoración ao maligno, o Cardinal Copia chegou a axeonllarse diante do público mentres cantaba (raro foi que non nos dera a nós outra “epifanía”…).
Seguíamos ollando o show, cando outra das grandes sorpresas foi que na instrumental “Miasma” saíra o Papa Nihil a tocar o saxo. Sen dúbida, un dos grandes momentos da noite, xunto a sempre espectacular “Year Zero”, esta vez sen conga papal… (algún día contaremos a historia…).
Na parte final, exceptuando “Dance Macabre” (Prequelle), o set-list basouse en temas do seu anterior disco, Meliora, coma “He is” ou “Mummy Dust”, ademáis de “Square Hammer”, tema incluido no EP Popestar.
“Monstrance Clock” foi o punto final a esta misa papal, onde miles de fieis seguidores congregáronse sucumbindo ao encanto dos suecos (“…Come together for Lucifer’s son…).
Parece que Tobias segue dando na tecla para que a fórmula Ghost siga medrando, pese aos moitos retractores que promulgan que a súa música non é rock, dicindo que é pop, etc…
Sinceiramente, é de recoñecer que a súa música ten moitos elementos pop, pero, ¿a caso The Beatles non o eran?. Por certo, tamén teñen moitas outras influencias (Sabbath, Blue oyster Cult, etc.), aínda que os grandes “catedráticos” das redes sociais non saiban aprecialas, como puideron demostrar en Viveiro nun gran directo.
Agora, querid@ lector/a, terás que facer tí o teu propio xuízo final. Iso sí, o veredicto será por cuestión de gustos, porque a calidade musical da banda non se pode negar.
Despois de este concerto, todavía nos quedaban forzas para máis e a verdade é que, polo menos eu, necesitaba algo de “caña”: At The Gates ía ser o mellor remedio.
Agora sí que o bo de Lindberg tiña a formación completa (non como en Lurking Fear) e él máis Erlandsson e Stålhammar, farían un doblete no Ritual Stage: toda unha auténtica xesta.
Os tamén suecos presentaban o seu último disco: To Drink From the Night Itself, e trala intro “Der Widerstand”, sonou o tema homónimo do disco.
Os de Gothenburg mostráronse rápidos e potentes, como adoita ser habitual, e non tardaron en tocar o primeiro clásico: “Slaughter Of The Soul”, quizais unha das cancións que seguiron o legado dos clásicos grupos suecos deathmetaleiros (Entombed, Grave, Dismember) e que marcaron un punto de inflexión para o denominado Death metal Melódico, influindo a grupos como Dark Tranquillity, In Flames ou Soilwork, entre moitos outros.
Temas dos últimos discos, como “War With Reality”, “A Stare Bound in Stone”, “The Circular Ruins”, entre outros, pasaron sen pena nin gloria. A esencia de At the Gates mantíase, pero faltáballes esa chispa final para facer que todo estoupase.
Chispa que sí que tiñan temas como “Cold”, “Under a Serpent Sun”, “Nausea”, “Suicide Nation” ou a marabillosa “Blinded by Fear”.
Aledámonos de que At The Gates sigán en activo, de que voltaran ao Resu despois da súa visita de 2012, de que sigan sacando novos discos e que manteñan o seu brutalísimo directo; pero, sobre todo, de que sigan tocando temas dun dos mellores discos da historia do metal: Slaughter of the Soul (1995).
Pero a festa non rematou alí. Todavía desfrutamos do grupo portugués Abaixo Cu Sistema e as suas versións de System of a Down. Estes amigos portugueses, ademáis de ser bos músicos, son moi boa xente.
Así remataba a xornada do xoves e nós, como xa caéramos fai tempo na tentación, decidimos non facerlle caso a voz da experiencia e continuar a festa ata altas horas da madrugada. Pero, como adoito dicir: esas historias xa son máis propias da nosa sección de Horror.
Podedes ir en paz. Stay Pelletier.
Texto: Santi Pelletier
Fotos: Santi Pelletier e Martin Pelletier