O Resurrection Fest 2019 vai tomando forma con esta nova tanda de confirmacións. No día de hoxe confirmáronse ata trinta novos nomes, que se unen ao cartaz actual, que xa contaba con Parkway Drive (única actuación na Península durante 2019 e 2020), Testament, Trivium, Kvelertak e While She Sleeps.
O festival viveirense da un golpe na mesa con estas novas confirmacións. As doce do mediodía do día de hoxe, a organización anunciaba nas suas redes sociais ao primeiro nome, Converge.
Será a única actuación en España do grupo de Boston. Os Pelletiers tivemos a ocasión de poder disfrutalos este mesmo ano no Hellfest nun concerto auténticamente brutal, aínda que xa son uns vellos coñecidos do festival mariñán.
Os de Massachusetts presentarannos The Dusk In Us. Todos sabemos coma as gasta Jacob Bannon and company e podemos afirmar que será un dos grandes concertos da nova edición.
Outro dos grupos máis destacados da decimocuarta edición é As I Lay Dying. Será a primeira vez que actúen no estado español, nunha data exclusiva en España no 2019.
Os de San Diego regresan trala “aventura carceraria” do seu vocalista Tim Lambesis. Unha das mellores bandas do metalcore internacional volve a actividade e Viveiro será unha das paradas na súa xira de regreso. Os californianos publicaron fai uns meses un novo single, “My Own Grave”, que será incluido nun novo disco que moi cedo verá a luz.
Pero no só de hardcore e metalcore vive este festival, xa que nestes últimos anos, a oferta musical multiplicouse, dando lugar a unha gran hetereoxeinade de xéneros musicais. Unha das grandes sorpresas destas confirmacións son os holandeses Whitin Temptation. O metal sinfónico e a encandiladora voz de Sharon Den Adel serán un dos pratos fortes do festival.
Tamén destacamos a presencia de Cradle Of Filth. Os británicos presentarannos o seu último traballo, Crytoriana: The Seductiveness of Decay. A sempre controvertida presencia da figura de Dani Filth non deixará indiferente a ninguén e seguro que o seu show será un auténtico espectáculo de black metal gótico e sinfónico.
Outra das gratas sorpresas destas confirmacións son os suecos Cult of Luna, unha banda que non se prodiga moito por estos lares. O post/sludge-metal dos de Umea será un dos grandes atractivos do festival, nun dos poucos concertos que darán en 2019 a nivel mundial.
Os sons desérticos terán unha gran representación, coma ven sendo habitual nestes últimos dous anos. O Desert Stage contará coa presencia do sempre carismático Brant Bjork, unha das grandes figuras do stoner, que estivo en bandas como Kyuss ou Fu Manchu. Agora en solitario, repasará a súa carreira plagada de éxitos.
Tamén estarán Colour Haze. Os alemáns hipnotizarannos co seu stoner e rock psicodélico. Así como os norteamericanos Radio Moscow, que nos presentaran seu novo traballo, New Beginnings.
Os californianos Ignite voltarán ao festival para lembrarnos deses primeiros Resus, onde o festival estaba medrando (e tanto que medrou). Sempre é un luxo volver a escoitar a carismática e xenial voz de Zoli Teglás, acompañado por unha banda que sabe transmitir no escenario a súa paixón.
Outros que voltarán por Viveiro son o grupo de hardcore-beatdown belga Nasty, que virán co seu novo disco, Realigion, baixo o brazo.
E dende o Reino Unido teremos a presencia de Higher Power e Venom Prison, que prometen dar uns directos brutais.
Os suecos Avatar serán outro gran atractivo para o festival. The Clown (Johannes Eckerström) e os seus secuaces presentarannos o seu novo traballo, Avatar Country.
Dende Xapón virán Cristal Lake, que demostrarán como no país do sol nacente tamén saben facer bo metalcore.
A xoven banda norteamericana Cane Hill fará botar as masas co seu nu metal. Os de New Orleans virán tamén con novo disco, Too Far Gone.
Os sons extremos nunca poden faltar no Resurrection Fest. Misery Index será unha das grandes bandas extremas deste ano. O death-grind dos de Baltimore destrozará cráneos no Ritual Stage.
Seguramente nese mesmo escenario, os texanos Power Trip traerán o seu rápido crossover-thrash para facer que os circle of pits non paren nin un instante. Pese a ter só dous álbums de estudio, Manifest Declination e Nightmare Logic, son unha das bandas máis prometedoras do metal internacional.
E o trio neozelandés Alien Weaponry demostrará, pese a súa xuventude, o seu bo facer con ritmos groove, thrash e sludge.
No apartado internacional, a última confirmación foi a da nosos amigos portugueses Miss Lava. Os lisboetas son un dos grupos máis importantes do seu país, contan con tres discos no seu haber, varios EPs, e farannos vibrar co seu heavy rock’n roll disaster.
Dende a primeira edición do Resurrection Fest, os grupos nacionais sempre tiveron un gran protagonismo e nesta decimocuarta edición non podía ser menos.
Atavismo será unha das bandas que tocarán no Desert Stage. Dende Alxeciras, estes rapaces brindarannos o seu rock experimental, marcado con pasaxes de space e rock psicodélico.
Dende Andalucía tamén, neste caso dende Xaén, o sludge e o doom metal de Santo Rostro voltará ao Resu para demostrar porque son unha das bandas máis emerxentes deste país.
Os vascos Mealtdow encargaranse de darnos caña co seu potente hardcore. O punk-rock e hardcore melódico estará presente cos mallorquíns Main Line 10 e os coruñeses Morgen.
O festival tamén contará coa presencia de Leo Jimenez, un dos artistas máis prolíficos do estado español, que poñerá o toque heavy no festival.
O Ritual Stage tremerá co death metal dos bilbainos Altarage, que nos traeran o seu novo disco Endinghent, publicado polo selo francés Season of Mist.
E o thrash metal terá unha representación de auténtico luxo, con duas das mellores bandas do estado. Dende A Coruña, os nosos amigos de Strikeback propagarán o seu novo disco, The Plague, a base de trallazos e dende Mallorca, outro grupo con un potentísimo directo, Trallery. Este trío pateará cús con temas do seu último disco, Spirit on Stage, aínda que tamén caerán dalgúns outros.
E para acabar estas confirmacións, dende Cidade Real estará Celtibeerian, que practican o folk-metal e dende Madrid estarán Megara, co seu Fucksia Rock (en fin…).
Aínda quedan moitas bandas por confirmar, pero esta nova tanda déixanos entrever que a edición de 2019 vai ser espectacular.
Queda pouco para que se desvele un dos headliners, exactamente o día 23 de outubro. Todas as apostas dan a Slipknot como os favoritos para ocupar ese posto, pero nunca se sabe, porque sempre pode haber unha sorpresa de última hora.
Do que sí que estamos seguros é de que tes que facerte coa túa entrada, xa que a oferta de 115€ máis gastos, rematará o día 21 de Outubro as 23:59. Podes adquirir a túa entrada na web oficial do festival (coidado con páxinas tipo Viagogo e merdas así)
https://www.resurrectionfest.es/entradas
Por outra parte, o Resurrection Fest quedou finalista nos premios fest do 2018 en tres categorías: Mellor festival de gran formato, Mellor aportación turística á rexión e Mellor sección sobre festivais en soporte online por Resurrection Fest TV.
Dende Pelletier Horror desexámoslles toda a sorte do mundo.
Xa queda menos para a edición de 2019 e Pelletier Horror estará sempre aquí, para informarte de todas as novas deste magnífico festival.
Comeza a conta atrais… The Spirits are here.
Stay Pelletier.