O noso festival portugués favorito, que se celebrará os vindeiros días 8, 9 e 10 de agosto na localidade de Moledo de Miño, presentou no día de hoxe sete novos nomes que se xuntarán aos grupos xa confirmados.
Trala cancelación de todo o tour europeo de The Obsessed, incluíndo a súa participación no Sonic Blast, a organización púxose mans a obra para buscar un grupo sustituto e para completar o cartaz máis ambicioso de todalas edicións, xa que este ano será a primeira vez que o festi teña tres días.
Os ucranianos Stoned Jesus lideran esta última tanda de confirmacións, voltan a Moledo tralo seu paso en 2016, e prometen dar un show inolvidable presentando o seu disco Pilgrims (2018).
O acid rock dos italianos Gyöbia tamén estará presente nesta edición do Sonic Blast, o festi luso será unha das paradas do seu inminente Summer Tour 2019.
Os andaluces Viaje a 800 son outra das novidades. Con tres discos no seu haber, o seu son space-psychedelic rock, con toques progresivos fará que os tarifeños demostren por qué será un dos concertos máis esperados da xornada do venres.
Solar Corona, son outros vellos coñecidos do festival, o cuarteto de Barcelos xa estivo na pasada edición do Sonic Blast, pero este ano non actuarán no Pool Stage, senón que pecharan o escenario grande na xornada do xoves. Demostrarán que en Portugal hai unha gran escea de stoner rock e tódalas suas variantes.
Outras duas bandas portuguesas están confirmadas nesta derradeira tanda. A primeira chega dende Porto e chámase: O Bom. o Mau e o Azevedo, un grupo instrumental de surf rock. A segunda é de Braga, o seu nome é Mr. Mojo e fan un stoner rock con aires californianos. Ámbalas bandas encargaranse de caldear o ambiente no Pool Stage o vindeiro venres 9 de agosto.
E por último non nos poderemos perder o space rock-kraut (así se autodefinen) dos valencianos Here The Captain Speaking, The captain is Dead.
Por outro lado, a organización presentou os horarios das actuacións, destacando que o escenario da piscina comezará as 2 da tarde e o Main Stage as 6 da tarde.
Tamén oficializouse un acordo do festival con Laugar Brewery, unha das marcas de cervexas artesás máis punteiras de Europa, que nos brindará a oportunidade de degustar os seus preciados caldos mentres desfrutamos da mellor música.
Recordamos que os billetes xa están esgotados dende fai días (Será que non vos avisamos insensatos).
Vémonos en Moledo!!
Stay Pelletier