Xa estamos na conta atrás para o Resurrection Fest… Entramos na derradeira semana antes da celebración do festival mariñán, que contará cun cartaz no que estarán as mellores bandas internacionais de metal, hardcore e punk. Poderemos ver a grupos coma Rammstein, Anthrax, Rancid, Dropkick Murphys, Sabaton, Arch Enemy, Architects e así ata cen bandas, entre as que haberá unha gran representación de grupos da Terra. En Pelletier Horror imos a facer un re-paso destes grupos da nación de Breogán que forman parte do cartaz desta edición do festival.
O Resurrection Fest, dende os seus inicios, sempre apostou por grupos locais e do país. Os vigueses Ofensiva foron a primeira banda que actuaron no festival viveirense e, a partir de alí, grupos como Shoot Again, Rain Is Art, Twenty Fighters, Shattered Dreams, By The Face, Sem Resposta, Aphonnic, Bastards on Parade, Primitive, Mutant Squad, Back to 1984, ANHA, Strikeback, True Mountains, Nashgul e moitos máis representaron a nosa Terra no festival máis grande e importante de Galicia. Incluso nos ano 2012 e 2013 incluiron o escenario Arnette, para que grupos locais puideran demostrar a súa calidade.
Este ano, a cantidade e calidade das bandas galegas é un feito salientable, podéndonos atopar con grupos de diferentes xéneros.
A continuación, os anal-izaremos por orde de aparición (coma nas pelis):
APHONNIC
O grupo vigués actuará por terceira vez en Viveiro, despois de facelo nas edicións de 2010 e 2015. Inmersos na xira do seu último álbum, Indomables, o Resu será unha boa oportunidade de ver a unha das bandas galegas que está máis en forma, coma puidemos comprobar ao longo deste ano nos concertos que ofreceron por estas latitudes.
Con cinco discos no seu haber e máis de quince anos de carreira musical, Aphonnic poñerán patas arriba o Chaos Stage na tarde do mércores.
Aphonnic actuará na festa de benvida, o mércores 5 de xullo as 18:55.
WE RIDE
O grupo de hardcore vigués será outro dos encargados de darnos a benvida na pre-party. Non pasaron nin tres meses dende a publicación do seu último álbum: Empowering Life, tercer disco da banda olívica, e o Resu será unha gran oportunidade para presentalo e para deleitarnos tamén con outros grandes temas.
O fichaxe de We Ride polo selo “yanki” Victory Records, demostra o potencial deste grupo. Cun directo demoledor, voltarán ao Resurrection Fest despois de facelo na edición de 2013.
We Ride actuarán no Chaos Stage na festa de benvida o vindeiro mércores 5 de xullo as 20:00.
TRASHNOS
Estes catro miñenses están de aniversario, cumprindo 20 anos nos escenarios, e non hai unha ocasión mellor para celebralo que subirse ao Ritual Stage para festexar tan singular data. Con catro lps na súa discografía, ofrecerannos os seus mellores temas, nun concerto que promete ser moi especial.
Trashnos actuarán o vindeiro xoves 6 de xullo as 16:00.
BASTARDS
Temos que estar de noraboa, porque a presencia dos coruñeses no festi mariñán empeza a ser unha constante. Na súa anterior estapa, cando se chamaban Bastards on Parade, actuaron nas edicións de 2011, 2013 e 2015.
Neste 2017 farannos danzar e disfrutar da súa música de novo, pero esta vez no Main Stage. Un concerto que promete ter algunha sorpresa, aparte dos temas do seu último disco, Empty Bottles & Broken Things.
Serán o quencemento perfecto para o concerto dos Dropkick Murphys, xa que a súa mistura de punk rock con folk traerannos melodías da nosa Terra, pero cargadas de agresividade. Preparade as vosas xarras, porque ides a bailar e beber a tutiplén, ao son dos Bastards.
Bastards tocarán o Xoves día 6 de xullo as 16:50 no Main Stage.
BALA
As rapazas de Bala presentarannos o seu segundo disco, “Lume”. Esta parella que ven de xirar por Asia e Oceania está a romper tódalas barreiras. Stoner-punk-rock-grunge cun estilo propio e único. Xa están dando moito que falar e serán un dos mellores concertos do festival, sen dúbida. O Desert Stage tremerá cos frenéticos ritmos de Bala.
Bala estarán no Desert Stage o xoves 6 de xullo as 18:00 horas..
GUERRERA
Esta banda, a camiño entre A Coruña e a Mariña lucense, tráenos unha proposta que engloba diferentes xéneros, que van dende o stoner-rock ao rock psicodélico. Concertos cheos de trance e sentemento son a seña de identidade deste rapaces. Prepárate para deixarte levar polos singulares pasaxes sonoros de Guerrera.
Guerrera actuarán no Desert Stage ás 19:30 o vindeiro xoves 6 de xullo.
MUTANT
Outros vellos coñecidos do festival son estes estradenses, xa que coa súa anterior banda, Mutant Squad, pisaron terras mariñas en 2013 e 2014. Este grupo foi capaz de gañar a band contest de 2013, enchendo o Jägermeister Stage a unhas horas moi tempranas e repetir ao ano seguinte, nin máis nin menos que no Main Stage.
Tras un par de cambios de baixista e cun discazo (Pleiades) baixo o brazo, os Mutant regresan a Viveiro para demostrar toda a súa calidade musical.
Mutant tocarán no Chaos Stage o sábado 8 de xullo ás 16:55.
Xa non tes excusas para perderte esta auténtica selección galega musical, xa que a terás ao teu total dispor sobre os escenarios do Resu, esta semana. Varios dos mellores grupos de Galicia estarán no festival, mesturados entre todos eses grandes nomes internacionais, deixando o panorama musical galego a unha gran altura.
Xa non queda nada. Vémonos en Viveiro.
Stay Pelletier.
Faltouvos o que para min é o mellor grupo galego no festival, We Ride!
GústameGústame
Certo é. Pasouseme. Vouno remediar. Gracias.
GústameGústame
Gracias Moisés. Xa está solucionado.
GústameGústame
Vamos vecinos! Os estamos esperando
GústameGústame