O Resurrection Fest acaba de voltar a facelo, outro ano máis e xa van dazaioto anos dende a primeira edición no 2007, e ano tras ano séguenos a sorprender.
No día de hoxe o festival desvelounos un dos mellores carteles do panorama festivaleiro europeo. Onde destaca a presencia da reunión de Pantera. Con Phil Anselmo, Rex Brown, Zakk Wylde e Charlie Benante.
Xa queda menos para o Resurrection Fest 2023., e iso que estamos aínda en novembro. Pero o equipo do festival xa nos adianta unhas cantas novidades de cara ao vindeiro ano:
Zonas de descanso: contaremos con novos espazos e novas localizacións onde poder acampar con tenda de campaña ou con autocaravanas/furgonetas, con notables melloras nos seus servizos e un programa de actividades paralelas que farán máis agradable a súa estancia.
Autobuses: podes contar cunha rede de autobuses mellorada para o teu transporte entre o festival e todas as zonas de descanso e cunha maior frecuencia para non perderte ningún concerto.
Unha vez dentro do festival, poderedes gozar do noso local habitual pero será o máis grande que tivemos, onde ademais da programación musical, teremos outro tipo de programación e actividades máis paralelas que nunca. Será o ano no que máis cambios verás na nosa casa.
Non só aumentará de espazo, tamén haberá vellos coñecidos, como o mercado que volverá, e unha zona de mercadoría mellorada e ampla.
Por último, e aproveitando estes cambios, habilitaranse zonas para que tomes un respiro entre concertos, a zona de restauración terá maior variedade e cantidade, e todo o recinto será máis temático que nunca.
Nas vindeiras semanas irémosvos informando destas e outras novidades nas que o Resu leva moito tempo traballando.
Vémonos no 2023. Vémonos no Resurrection Fest Estrella Galicia.
O Sonic Blast Fest que se celebrará os vindeiros días 11, 12 e 13 de Agosto, na Praia da Duna dos Caldeirões, en Âncora (Portugal). Pechou o seu cartel, no que será a súa edición máis grande.
O SonicBlast fest 2022 anunciou novas bandas para o seu 10 aniversario. Orange Goblin, Mdou Moctar, Conan, The Black Wizards, Slomosa, Deathchant e El Altar Del Holocausto uniránse a un cartaz de auténtico luxo.
Gojira é a última incorporación no cartel deste ano do Resurrection Fest Estrella Galicia. Serán cabezas de cartel do sábado, ante a cancelación do tour europeo de Avenged Sevenfold, xa que estes vanse a centrar na grabación dun novo disco de estudio.
“Thrash” case dous anos de pandemia, unha das frases máis escoitadas na comunidade metaleira é: “eu o que máis boto de menos son os concertos e a música en directo”. Pois o vindeiro venres 18 de Febreiro, en Santiago de Compostela, tedes unha marabillosa oportunidade de presenciar un gran concerto, que será un dos eventos do ano na capital galega.
Fronte as adversidades, a mellor forma de sobrepoñerse é ter unha correcta actitude e seguir sempre cara adiante. Esta frase, que ben podía ser o título dun manual de coaching ou autoaxuda (dende Pelletier Horror deixamos claro que odiamos aos coach, encarecidamente), foi o que aconteceu o pasado sábado 11 de decembro na compostelana Sala Malatesta.
O vindeiro sábado 11 de Decembro teremos unha gran noite de punk-rock e hardcore na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, xa que Rat-Zinger e Escuela de Odio visitarán a capital galega.
Stöner e Witch únense aos demáis grupos neste increíble festival que terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto de 2022.
«Con gran orgullo complacenos anunciar dous grandes pesos pesados para o 2022. Farásenos eterna a espera ata poder ver enrriba do escenario ao super grupoStöner, fundado polos padriños do xénero Brant Bjork e Nick Oliveri(ambos fundadores de Kyuss e ex-membros, o actualmente, en bandas como Queens of the Stone Age, MondoGenerator, Ché, Fu Manchu o Bloodcot). Seu desexo de regresar ás raíces do rock levounos a formar este novo proxecto. O bó sempre será bó.»
O Resurrection FestEstrella Galicia acaba de anunciar que os vindeiros días 26, 27 e 28 de agosto se celebrará unha edición limitada do festival. Chamarase Limited e será de aforo moi reducido (en comparación as pasadas edicións destes últimos anos).