
O pasado xoves 21 de xaneiro, asistimos na sala Mardi Grass, a un verdadeiro espectáculo de rock ´n roll en estado
puro. Nada máis entrar, na taquilla xa nos comentaban: – Boas rapaces!! Estades a punto de presenciar o primeiro concerto de Them Vibes en España. Así que, non perdemos tempo para situarnos nas primeiras filas, pero ben pretiño da barra, iso sí, as birras que non falten. Alí na barra xa nos atopamos con bos amigos, como Alberto (colaborador de Esturión Music, que nos prestou xentílmente fotos do concerto). Nese intre podía haber media entrada, aínda que despois foise enchendo a medida que empezou o bolo. Continuar lendo