“Thrash” case dous anos de pandemia, unha das frases máis escoitadas na comunidade metaleira é: “eu o que máis boto de menos son os concertos e a música en directo”. Pois o vindeiro venres 18 de Febreiro, en Santiago de Compostela, tedes unha marabillosa oportunidade de presenciar un gran concerto, que será un dos eventos do ano na capital galega.
Fronte as adversidades, a mellor forma de sobrepoñerse é ter unha correcta actitude e seguir sempre cara adiante. Esta frase, que ben podía ser o título dun manual de coaching ou autoaxuda (dende Pelletier Horror deixamos claro que odiamos aos coach, encarecidamente), foi o que aconteceu o pasado sábado 11 de decembro na compostelana Sala Malatesta.
O vindeiro sábado 11 de Decembro teremos unha gran noite de punk-rock e hardcore na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, xa que Rat-Zinger e Escuela de Odio visitarán a capital galega.
Stöner e Witch únense aos demáis grupos neste increíble festival que terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto de 2022.
«Con gran orgullo complacenos anunciar dous grandes pesos pesados para o 2022. Farásenos eterna a espera ata poder ver enrriba do escenario ao super grupoStöner, fundado polos padriños do xénero Brant Bjork e Nick Oliveri(ambos fundadores de Kyuss e ex-membros, o actualmente, en bandas como Queens of the Stone Age, MondoGenerator, Ché, Fu Manchu o Bloodcot). Seu desexo de regresar ás raíces do rock levounos a formar este novo proxecto. O bó sempre será bó.»
O Resurrection FestEstrella Galicia acaba de anunciar que os vindeiros días 26, 27 e 28 de agosto se celebrará unha edición limitada do festival. Chamarase Limited e será de aforo moi reducido (en comparación as pasadas edicións destes últimos anos).
O Resurrection Fest 2022 será o máis grande da historia, xa que na súa decimoquinta edición o festival durará cinco días. Celebrarase entre o mércores 29 de juño e o domingo 3 de xullo de 2022. Chama a atención a confirmación fai uns días dunha xornada máis, pero esta decimoquinta edición merece ser a máis grande da súa historia.
¿Lembras o último concerto ao que asistiches?. Aínda reteño a sensación que tiven nese concerto… Era o primeiro día de marzo e Napalm Death “destrozaba” o Atabal de Biarritz nun show que se convertiría en épico, xa que ninguén esperaba vivir, unhas semanas despois, unha época cuasi-apocalíptica para a música en directo.
A decimoquinta edición do festival mariñán manterá a System Of A Down e a Korn como cabezas de cartel, tal é como estaba planeado, e a parte deles, sumarase unha banda que os fans do Resurrection Fest levaban pediendo moito tempo: Deftones. Coa reedición do seu gran éxito ‘White Pony’ e un novo disco de estudio baixo o brazo, o grupo de Chino Moreno acudirá a Viveiro para deleitar aos fans máis acérrimos do nu metal.