Sol, mar, praia, surf, piscina, skate e música. Así é como se publicita o festival SonicBlast de Moledo que terá lugar os días 12 e 13 de agosto. Se a isto lle engadimos olor a cigarros da risa, barbas a tutiplén, tattoos de deseño, bo ambiente e un pouco de postureo hipster (todo hai que dicilo), teremos unha boa descripción do que nos espera neste festival do norte lusit-ano orientado ao Stoner e a Psicodelia. Un plan que en Pelletier Horror non nos pensamos perder.











